Levamos un par de días facendo algunhas cousiñas relacionadas co Samaín na clase, e relacionadas co Halloween na aula de inglés.
Escoitamos músicas: cancións de esqueletes que bailan, ou do samaín, ou de medo pero a que máis nos gusta de todas é a de Paco Nogueiras,
tirada do seu disco BRINCA VAI!. Acó vos queda:
Ademais vimos algunha curta de animación propia destas datas.
Ademais do clásico "Alistán, o demo oveiro" que tanto nos gusta!!!, tamén miramos esta curta chamada ALMA:
O curso pasado utilizamos o diccionario "online" tanto da RAG ( en galego) coma da RAE (en castelán)
Este curso estamos perfeccionando a nosa técnica de búsqueda no diccionario en papel.
Na páxina de "Bibiotecas Escolares de Galicia" atopamos este documento explicativo sobre o
uso do diccionario.
Que elaboraron no IES de Porto do Son.
Hai algunhas cousiñas que nos poden resultar interesantes.
Acó vos queda o documento:
Esta semana puxemos en marcha o préstamo da biblioteca e ademais na radio cada aula foi explicando quen é o/a artista que vai traballar no P.D.I que imos facer este ano "Un mundo de Cores"
Como xa puxemos anteriormente o artista que imos traballar é Urbano Lugrís.
Estes días na área de Ciencias estamos aprendendo algunhas cousas sobre a prehistoria.
Quedounos claro o feito diferencial que establece a diferencia entre "prehistoria" e "historia" e ademais falamos de 3 dos descubrementos máis importantes.
Miramos algún vídeo ilustrativo
E despois tiramos as nosas propias conclusións.
Falamos da liña do tempo, resolvemos algunhas dúbidas e seguimos buscando información.
Temos a sorte de ter preto do colexio o CASTRO DE TROÑA para poder observar un pouco como foi a vida dos nosos antergos.