@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS SIMETRÍAS

Traballamos un pouco sobre as simetrías:
que son, como sabemos se unha figura é simétrica,os eixes de simetría,
como podemos facer simetrías, e tamén tentamos facer nós algunhas con témperas.

Descubrimos que os cadrados utilizemos o eixe de simetría que utilicemos,
sempre son simétricos!!!

Ademais miramos algún vídeo coma estes:



COMENTARIOS (0) - Categoría: Matemáticas - Publicado o 27-10-2016 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Resta levando
Estamos familiarizándonos cunha nova forma de restar, xa sabemos restar!!!!.
Pero agora vimos que se o número do minuendo e máis pequeno que o do sustraendo, non podemos restar.
Solucións? A resta "levando" ou "con levadas"

Estos días estamos practicando un pouco, é un concepto complexo por iso é tan importante ter claras as decenas e as unidades.

Para axudar a entender este proceso miramos algúns vídeos moi explicativos.
Estes dous foron os que máis nos gustaron:

- So dura 45 segundos, non perdades detalle:


-Este dura algo máis pero tamén está moi ben explicado:
COMENTARIOS (0) - Categoría: Matemáticas - Publicado o 24-10-2016 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Visitamos a bodega LA VAL
O pasado xoves , para culminar o mini proxecto que estivemos traballando sobre a VENDIMA as clses de 1º , 2º e 3º fixemos unha visita ás bodegas LA VAL , no concello de Salvaterra do Miño

Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas novas, sobre
as uvas que utilizaban (albariño) , os tempos da vendima , da colleita e o proceso de recolección, a fermentación, o embotellado,e moitas cousas máis...
Ademais o finalizar tiñannos preparada unha pequena "merendola" da que demos boa conta e un pequeno agasallo para cada un de nós. Moitas grazas!!!


Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas!!


Acó quedan unhas poucas fotos da visita:

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 16-10-2016 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Unidades decenas e centenas.
O curso pasado traballamos coas regletas e aprendemos a diferenciar unidades e decenas ( aínda que é un concepto bastante complexo) e traballamos cos números ata o 100.

En segundo ó longo do curso traballaremos cos números ata o 1.000 e introduciremos un concepto novo : a CENTENA.
Hoxe tivemos un primeiro contacto con ese novo concepto, e miramos algún vídeo ilustrativo sobre o tema.

De todos os que vimos este foi o que máis nos gustou.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Matemáticas - Publicado o 10-10-2016 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Coñecendo Portugal
A mascota da biblioteca do noso colexio, Olirei enviounos unha carta a tódalas aulas para pedirnos axuda para viaxar e coñecer outros países.

Cada clase seleccionou un país sobre o que traballar e aprender cousas ó longo do curso para amosarlle a Olirei e ó resto do alumnado e profesorado do centro.


Na nosa aula o país seleccionado e votado democraticamente foi por aclamación popular PORTUGAL

Xa sabíamos algunhas cousas porque moitos de nós pasamos os "días feriados" en Portugal ou imos a cidades que están próximas a nós pola situación.

Tamén estamos familiarizándos coa música portuguesa ( aínda que xa algo estabamos..)

Recibimos un vídeo explicativo dun amigo portugués chamado João que vive en Barcelos e nos deu unha pequena explicación sobre o país veciño...

Estes días pola mañá ó chegar estamos escoitando esta canción do grupo DEOLINDA titulada BONS DÍAS

Artigo no blogue do centro relacionado co tema
COMENTARIOS (0) - Categoría: Viaxe polo Mundo - Publicado o 06-10-2016 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0