@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Máis Samaín.
Hoxe rematamos coas celebracións do Samaín.
Miramos algúns vídeos.




Bailamos e pasámolo moi ben.
Acó vos quedan unhas poucas fotos:

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 30-10-2013 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos traballando o Samaín
Hoxe fixemos un quebracabezas dunha cabaza do Samaín e seguimos escoitando música relacionada co tema.
Coma ista:


E ista:


E tamén miramos ista lenda, sobre un espantallo que non quería ser un espantallo.
E ten unha temática un pouco tétrica ... e ó mesmo tempo danos unha lección moi importante.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 29-10-2013 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe é o aniversario de Alejandro.



Que xa cumpriu 6 anos !!




E para celebralo preparou a súa coroa, e fixémoslle un debuxiño de recordo, e ademais trouxonos un agasallo para cada un.



PARABÉNS ALEJANDRO !!


COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 28-10-2013 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Preparando o Samaín!!!
Achégase a celebración de Samaín. E na clase estámonos preparando .. decorando..xogando... mirando contos!!!




E tamén miramos iste conto tan chulo!



Xogo do Samaín.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 28-10-2013 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Traballamos coas regletas.

Hoxe, entre outras cousas estivemos traballando coas regletas Cuisenaire, e fixemos unha ficha na que tiñamos que pintalas asociando cada número a unha cor.

As regletas son un método moi intersante para traballar cos números do sistema decimal.
E tamén para sumar e restar, tendo un compoñente lúdico moi interesante.
Para xogar coas regletas.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 22-10-2013 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
O noso corpo.
Xa sabemos un montón de cousas sobre o noso corpo, e iste ano imos aprender algunhas máis, especialmente o vocabulario.
(Palabras coma nocello, xeonllo, pulso, cóbado...)

Sabemos que o corpo se pode dividir en:
CABEZA
TRONCO
EXTREMIDADES


E tamén sabemos que temos 5 sentidos...


E despois de traballar os contidos relacionados co corpo,
xogamos un pouco co noso
corpo tamén.. bailando con Elmo.



E se queredes xogar vós con Elmo na casa, premede acó: bailar con Elmo
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 17-10-2013 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
15 de outubro: día internacional da muller rural.
O avance da figura da muller no rural, debe continuar promovendo a visibilización do seu traballo poñendo fin, deste xeito, a séculos de desigualdade.
O 15 DE OUTUBRO, día internacional da muller rural quíxose homenaxear ás mulleres do rural neste día, sendo conscientes da gran achega que realizan ao desenvolvemento e modernización do rural, incorporando ademais prácticas acordes co ambiente e creando novas oportunidades de desenvolvemento tanto económico como social.




En 1995, durante a IV Conferencia Mundial das Mulleres organizada en Beijing polas Nacións Unidas, un grupo de organizacións internacionais como a FIPA (Federación Internacional de Produtores Agrícolas) e a FCMM (Fundación Cumio Mundial da Muller) decidiron instaurar este día, 15 de outubro, como o Día Internacional da Muller Rural.

artigo relacionado
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 16-10-2013 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Onte comezaron a viaxar... as mochilas!
Onte comezamos cunha actividade organizada polo equipo de biblioteca:
AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!!!.

Istas mochilas viaxeiras cada semana estarán na casa dalgún alumno/a da clase.
Contén varios libros ( un de poesía, dous contos, unha lectura para adultos..) para ler sos ou en compaña das familias.

E un pequeno caderniño para facer un debuxo e anotacións sobre os contos.

Agardamos que vos gusten.

BOA LECTURA!


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 12-10-2013 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0