É o sentimento do que máis falamos o venres, da tristura que sentimos porque revolveron o colexio, porque destrozaron moitas cousas e porque roubaron material informático do noso cole e da nosa aula.
Escribimos sobre iso e compartimos as sensacións que tiñamos sobre todo o tema... a raiba que nos deu que estropeasen moitas das cousas do colexio, que xa non servirán para nada e as que levaron...
Non entendemos porque alguén puido facer iso e tamén nos encantaría que nos devolvesen as cousas.
As semanas anteriores estivemos recompilando tipos de uvas, tanto brancas coma tintas, que coñecemos, todo isto coa axuda das familias.
E como estivemos en tempo de vendima, voltamos ver iste vídeo sobre Garnachica, que xa miramos o curso pasado, pero que nos gustou moito moito, e nunca está demais recordar algunhas cousiñas.
Acó vos queda outra vez o vídeo da Denominación de Orixe, Campo de Borja, sobre a uviña Garnachica.
O luns Jano contounos que os seus avós teñen un burro fariñeiro
Ó principio non entendemos moi ben o de fariñeiro, porque se chamaba así? porque comía fariña?, pero despois de pensar e pensar e máis pensar... descubrimos porqué os burros fariñeiros se chaman así, e falamos de que non hai tantos anos, a xente ía ó muíño moer o millo para facer pan.. e normalmente levaban ós seus burriños, pequenos e que ían por calquera sitio, e bos para cargar o peso... E por iso por iso.. coñecemos ós burros fariñeiros..
Hoxe 3 de outubro, Rubén está de aniversario, xa ten 7 anos!!!.
Celebrouno con nós no colexio, trouxo unha torta de chocolate tan rica tan rica.. que non quedaron nin as migallas. E ademais trouxonos un pequeno agasallo para cada un de nós. Moitas grazas Rubén.
Fixémoslle un debuxiño, cantámoslle o aniversario, xogamos, hoxe foi un día especial.
O venres en clase, cando estabamos traballando matemáticas, alguén preguntou quen inventara os NÚMEROS e alguén lle respostou inmediatamente que os ÁRABES
Pero a resposta non convenceu moito, os árabes vale, pero antes dos árabes como facían para contar e escribir as cantidades ??? E antes dos árabes?
E a pregunta quedou no aire... e decidimos investigalo un pouco máis..
Asique imos investigar sobre o tema, polo de agora comezaremos con iste artigo: sobre a historia dos números que é bastante completo.
E acó queda un pequeno documental sobre iste tema:
O vídeo fíxosenos un pouco "contundente" porque era para maiores, pero aínda tiramos algunha conclusion.