Hoxe ó chegar á clase atopámonos cunha sorpresa....
Pupi non estaba!!! A mascota da clase non estaba, e no seu lugar había un pequeno sobre que poñía que era para os nenos e nenas da clase de 1º.
Abrímola e dentro Pupi explicounos que ten que marchar unhas semanas porque ten que axudarlle a un curmán...
Non sabemos a onde foi, nin onde está pero seguro que estará moi ben, e na carta puxo que nos seguirá informando...
Hoxe é o aniversario de Rubén e celebrouno con nós no colexio.
Trouxo unha torta de chocolate, que estaba requeteboísima, comímola toda, que so quedaron unhas migallas.
Ademais tróuxonos un agasallo para cada un, moi práctico e moi moi bonito.
Cantámoslle, felicitámolo, tirámoslle das orellas e fixémoslle un foguete. Parabéns para Rubén !!!
E ademais miramos algún video de POCOYÓ e especialmente o do aniversario da balea... No que nos quedou claro o importante que é ter amig@s ! Acó vos queda por se o queredes ver.