Os nenos e nenas que o ano pasado estaban en 2º, coa profe Cris, no festival de nadal
fixeron unha xenial representación desta historia: "ONDE VIVEN OS MONSTROS"
E ademais cara final de curso vimos a película,
como mañá imos celebrar o Samaín e
o Halloween no cole.. déixovos este video
para ir "abrindo boca"
Non é que sexa a primeira vez que imos á BIBLIOTECA do cole, so que é a primeira vez que imos para facer uso do servizo de empréstimo da biblioteca e levar un libro para a casa!!
Temos ata dúas semanas para devolvelo.. asique BOA LECTURA!
A semana pasada preparamos unhas meigas na casa,
coa axuda das familias para poñer no mural que imos facer no cole.
Estas son as meigas da nosa clase.
A que son chulísimas!!!!!!!!!!!!
No cole estamos a prepararnos para vivir a festa do Samaín, fixemos unhas meigas ben chulas na casa coa axuda das nosas familias e que van a formar parte dun inmenso mural.
E agora estamos aprendendo un pouco máis sobre esta festa ( algo sabemos, que xa o traballamos o ano pasado... )
Acó vos queda un link a unha páxina que ten un xogo de CABAZAS moi sinxelo para que fagades a vosa propia creación.
E se con esto non vos chega e tendes ganas de saber máis ou ver máis xogos e actividades , o noso amigo, o ratiño MIK recopilou un montón de información para o blogue da BIBLIOTECA do seu cole
A profe Isabel, que o ano pasado daba Inglés en Ed. Infantil, este ano está no colexio das Neves.
E tamén ten un blogue de aula, para contar as cousiñas que fan os seus alumnos e alumnas de 1º.
Acó vos queda tamén a dirección do seu blogue para que vexades o moito que traballan !
A profe Cris, que estivo o pasado curso cos nenos e nenas que estaban na clase de segundo (e que este ano está nun cole de Vigo que se chama Doutor Fleming)fixo un blogue para contar as cousiñas que fan na clase de 1º acó vos queda a dirección por se queredes mirar este blogue tan chulo.
Onte Yoel sorprendeunos cun pequeno agasallo para a clase.
Despois de estar un bo anaco para poder abrir o paquetiño conseguiuno e amosollou
á toda a clase.
Era un peixiño desecado !!!!