@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fin do proxectiño dos caracois.

Hoxe comemos caracois doces...

Bueno, non eran exactamente caracois...
eran ensaimadas pequenas..
con forma de espiral..

E despois desta degustación rematamos o noso miniproxecto sobre caracois.

O máis destacable quedou recollido nun recunchiño da nosa aula,

POEMA EXPERIMENTAL incluído
COMENTARIOS (0) - Categoría: Caracois - Publicado o 19-10-2009 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
O CALIGRAMA DO CARACOL

Hoxe fixemos un CALIGRAMA como non podía ser doutro modo dun caracol.

Aquí vos queda un pequeno video que imos ver mañá sobre os Caligramas:




Aquí tedes o noso primeiro poema experimental do curso : O CALIGRAMA DO CARACOL
O noso caligrama no caderno de poemas experimentais
COMENTARIOS (2) - Categoría: Poemario Experimental - Publicado o 16-10-2009 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
Xogos
Estes días algunhas mamás preguntaron
sobre algún xogo educativo para que poidan
xogar na casa e ademais aprender un pouco...
Aquí vai unha pequena escolma aínda
que hai moitísimos máis.

O da páxina web da xunta de Andalucía está moi ben e moi completo,
ten moitas actividades variadas e divertidas.
PÁXINA XUNTA DE ANDALUCÍA


Logo tamén está a VACA CONNIE
Na páxina da XUNTA DE GALICIA tamén tedes unha serie de xogos:
como un aforcado ou unha especie de trivial, chamado o preguntoiro

Aquí tedes tamén unha aplicación JCLIC para traballar PAÍS DAS LETRAS

E tamén está o Bosque das Actividades da Xunta de Castela e León.

E por último, xa que estamos no Outono,
queda tamén esta páxina con actividades
sobre o

OUTONO
COMENTARIOS (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-10-2009 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Atopamos un caracol!

Hoxe Yoel atopou un caracol no recreo, e subiuno á clase.
Seguramente tiña medo porque non saiu da súa cunchiña en todo o tempo que o tivemos.
Estivemos mirándoo e concluímos que debía de ser noviño, xa que as espirais da caracola eran poucas, e era pequeno.

Pensamos en deixalo na clase e poñerlle folliñas e auga, pero logo pareceunos que ata o martes era moito tempo para que o caracol estivese so, e igual afogaba de calor.

Asique ó final decidimos deixalo no patio de novo.
Tivemos que "votar" a ver onde o iamos deixar, e non nos poñíamos dacordo ata que ó final decidimos que quizais preto de onde sae a auga da fonte era un bo lugar..

Seguirá o martes alí? ou xa se aventuraría a percorrer o mundo?
A vaca Connie anda polo monte, atopará caracois?
COMENTARIOS (1) - Categoría: Caracois - Publicado o 09-10-2009 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Landriña
Hoxe ademáis de traballar un pouco a letra R e o rrrrrruído que fai,
fixemos tamén algo para decorar a nosa clase:

¡¡¡Unha LANDRA!!!

A que quedaron ben chulas?
Son unhas landras moi moi psicodélicas!!!

Xa que estamos no Outono, e os caracois seguramente se atopan con máis dunha landriña no seu camiño...
Hoxe pintamos, cortamos e pegamos a nosa propia landra.

A tarefa de hoxe consistía en preguntar na casa:

que árbol é o que da landras ???
Porque non houbo moito consenso,
e sairon palabras como castiñeiro, ou "landreiro" pero...
mañá saberemos a resposta.



Aquí vos queda un video de animación, sobre as estacións , de FLOCOS.TV

FLOCOS.TV
Para xogar con Lelo na súa granxa
COMENTARIOS (1) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 07-10-2009 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Os sons do outono

O venres estivemos falando dos sons do outono, escoitando sons, escoitamos , o son da chuvia, tormenta, paxaros, un monte, do vento, e tamén o das follas..Ah! follas caducas,claro!

Ai! pero aí xurdiu unha dúbida, escoitanse igual as follas cando se pisan que cando se apreixan?
Había moitas dúbidas asíque... baixamos ó patio e averiguámolo nós mesmos...


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 04-10-2009 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
Poema Caracoliano
Hoxe traballamos este poema de FEDERICO GARCÍA LORCA ,Lorca foi un poeta de Granada
( e Granada, está na comunidade autónoma de Andalucía)
e escribiu 6 poemas en galego.
Esta é unha traducción do seu poema ó galego
Balada do Caracol Negro

Caracois negros.
Os nenos sentados
escoitan un conto.
O río traía
coroas de vento
e unha serpe grande,
dende un tronco vello
miraba ás nubes
redondas do ceo.
Neno, meu pequeno
Onde estás?
Síntote no corazón
e non é certo.
Lonxe
Agardas que saque
a túa alma do silenzo
Caracois grandes.
Caracois negros
Federico García Lorca


Buscamos a palabra caracol e caracois no texto e as rodeamos, e tamén as vogais.
Poema do Caracol Martín (en castelán)
COMENTARIOS (0) - Categoría: Caracois - Publicado o 02-10-2009 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
E esto é o que di Petete sobre os caracois.
Petete? A profe dixo que o botaban cando era pequena...



Que é Petete? Esta versión é da TV arxentina

COMENTARIOS (0) - Categoría: Caracois - Publicado o 02-10-2009 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0