@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Houbo sorpresa de Samaín.

Pois si, houbo unha pequena sorpresa de Samaín, a profe trouxo un pouco de maquillaxe, e tentou facer algo fantasmagórico... e saiu o que saiu...
Hoxe tamén trouxo a súa cabaza Enrique e acendémola para ver que sensación nos daba.

E ademáis houbo torta de Samaín, que parecía unha cabaza. A uns gustoulle a outros non.

E tamén comezamos a pintar a nosa parte do mural do magosto.

BO SAMAÍN.
COMENTARIOS (1) - Categoría: Festas - Publicado o 30-10-2009 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
O noso recuncho está medrando !!

O noso recunchiño do Samaín está medrando, temos novas incorporacións.
Comezamos coa cabazola que nos agasallou a teacher Nuria e ademais da
que trouxo Erik.
Onte Melisa tamén trouxo unha cabaza moi orixinal.
E hoxe chegaron as tres últimas incorporacións:
a cabaza larpeira que trouxo Hugo, e máis a pantasma que trouxo Oscar
e a orixinal cabazola que trouxo Yoel.
Puxemos estas incorporacións no noso recunchiño e estivemos a traballar
un pouco máis sobre o Samaín.
E ademais acendemos a cabaza grande para ver que efecto tiña.
E mañá toca sorpresa!!!!
Seguiremos informando!!!!
COMENTARIOS (1) - Categoría: Festas - Publicado o 29-10-2009 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa cabazola xa ten faciana!!

Hoxe votamos como queríamos os ollos da nosa cabazola,
si si esa que nos agasallou a profe Nuria.
E tivemos que facer dúas rondas de
votacións porque a cousa estivo
moi competida.
Ó final decidimos que uns ollos ovalados
e alongados e unha boca
con catro dentes ben marcados.


Ademais Erik trouxo unha cabaciña
ben chula xa decorada da súa casa.
E puxemos as dúas no noso recunchiño do Samaín.
E estivemos traballando sobre o conto
de A NOITE DE SAMAIN
de Pepe Carreiro.
E pintamos unha das súas páxinas.
E agora temos que encher o noso
recunchiño do Samaín con máis cousiñas...
A profe dixo que se nos portábamos ben
o venres habería unha sorpresa...
COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 27-10-2009 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe fixéronnos un agasallo.

Hoxe a teacher Nuria fíxonos un agasallo!
Porque sabe que estamos traballando
o Samaín e con ela imos a traballar
o Halloween.

Agasallounos con esta cabaza tan xeitosa!

A profe abriuna, e nós limpámola e baleirámola.
Estaba fría e tiña moitas pebidas, separámolas do demais e imos gardalas...
e a ver que facemos con elas.
Hoxe deixamos á nosa cabaciña a secar
e mañá imos decorala.
Introduccion ó conto de Corre Corre Cabaciña
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 26-10-2009 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
SAMAIN
Esta semana imos a traballar un pouco o tema do SAMAIN

Mirando pola rede atopamos que MIK subiu fai un tempo,
un vídeo moi chulo dunha canción de Mamá Cabra sobre o samaín...
acó vos queda:




Estes días imos traballar que é o Samaín , que significa, de onde vén a súa orixe, e tamén coa profe Nuria imos traballar Halloween
xogo para decorar cabaza
COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 25-10-2009 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
O visgo Máxico
Estivemos mirando un video de
FLOCOS.TV.
Titulado " O visgo máxico"

Esta semana imos traballar un pouco sobre quen eran eses "individu@s" que vivían nos castros .. eh... e sobre todo que facían chegada a época do SAMAIN e que supersticións tiñan..



COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 25-10-2009 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
O noso caracoliño que emprendeu o seu camiño..

Recordades o noso Caligrama do Caracol
emprendeu o seu camiño..
despaciño despaciño..??

Seica chegou
ata SANTA COMBA !!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Poemario Experimental - Publicado o 25-10-2009 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Cogomelos

O venres os nenos e nenas de 5º pasaron pola nosa clase para pedirnos unha cousa:
Se o luns podíamos traer
ó cole cogomelos...



E preguntámonos para que quererían os de 5º os cogomelos.. e hoxe atopamos a resposta:
fixeron unha exposición de COGOMELOS
ben chula na entrada do cole.
Con todos os cogomelos que trouxeron todos os nen@s do cole.



COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 20-10-2009 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0