Hoxe día 30 de Xaneiro conmemoramos o día da PAZ e a non violencia. En recordo a que o día 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado o activista indio Mahatma Gandhi
Colocamos as nosas mandalas no simbólico muro da Paz que se fixo na entrada do colexio , como culmen do traballo que fixemos durante toda a semana sobre a PAZ .
Ademais fixemos iste pequeno vídeo no que participamos tod@s
O vindeiro martes día 3 de febreiro imos de excursión á Cidade da Coruña, para
facer un percorrido museístico. Imos ir á tríada dos Museos Científicos Coruñeses: Domus , Acuario ( tamén coñecido coma casa dos peixes) e Casa das Ciencias.
As visitas comezarán ás 11 da mañá na Domus, para continuar no Acuario e rematar
no casa das Ciencias, culminando co visionado do Planetario.
Acó vos deixamos un par de vídeos informativos e algunha páxina web de interese coma a canle en youtube dos Museos Científicos Coruñeses onde tedes uns vídeos moi interesantes.
Comezamos!!! Aínda que en segundo non é obrigatorio sabelas de memoria, estamos motivadísim@s con elas , e onte comezamos a traballas, a do 1 está "chupada" porque tod@s sabemos que todo número multiplicado por 1 é ise mesmo número..