O próximo día 30 celébrase o día da Paz e non violencia.
No cole estamos facendo algunhas actividades relacionadas.
Estes días estivemos pintando unhas pombiñas para colocar na árbore de madeira que temos na entrada do centro.
Acó vos queda un link a un LIM sobre a PAZ que fixo a profe Belén Junquera.
Seguimos traballando o tema dos animais, desta volta profundizamos un pouco nos animais domésticos, e especialmente nos que podemos atopar nunha granxa.
Acó vos queda un LIM moi divertido sobre o tema en castelán.
E estes días estamos a xogar por parellas a este lim tan divertido que fixeron dende a EEI Tarrío-Samieira sobre os animais e os seus distintos hábitats.
Puzzles, buscar parellas, ordear palabras... moi divertido !!!
Premede na palabra ANIMAIS para poder ir á páxina do xogo.
Onte os deberes foron debuxar o noso animal favorito.
Hoxe estivemos falando de como se clasifican os animais segundo como se alimentan, divídense en: carnívoros, herbívoros ou omnívoros
Tamén falamos da clasificación segundo como se reproducen: ovíparos ou vivíparos.
Acó vos quedan dous pequenos vídeos: