@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 2º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!








Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comezamos coas táboas de multiplicar.

Estes días comezamos a traballar as táboas de multiplicar.
Estamos vendo que multiplicar é un xeito de sumar máis rápido, e estamos mirando
a táboa do 2 e do 3... Asique tranquilidade!

Acó vos quedan un par de páxinas con links para multiplicar.

Taboas para aprender e practicar
Xogo das táboas de multiplicar
As aventuras do señor PI
Aínda que quedan varios links con todas as táboas, polo de agora estamos mirando a do dous e a do tres, acó vos queda un vídeo para a táboa do dous.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 27-01-2011 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOS sobre os ANIMAIS
Hoxe vimos algúns vídeos na nosa nova pantalla sobre os animais, xa que é o tema que seguimos traballando.
Acó vos quedan dous:





COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 26-01-2011 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Borobil
Hoxe estivemos xogando a un novo xogo ó que nunca xogaramos, e en galego e por equipos.
O xogo trata sobre palabras e o corpo hai que adiviñar cousas moi difíciles e intentar non equivocarse nunca.
Sabes se te equivocaches porque cando lle das a volta che aparece a resposta ben.

Escrito por Cristian e Hugo.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 26-01-2011 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Dia da Paz
Ante a proximidade do día da PAZ, que se celebra o 30 de xaneiro, estamos preparando algunhas cousas na aula, acó vos queda un LIM que se pode facer en galego, castelán ou inglés sobre o día da paz. Que fixo a profe Belén Junquera.
Acó vos queda o link:

LIM DÍA DA PAZ

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 24-01-2011 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
O día da Paz
O próximo venres imos facer unha serie de actividades no cole, para celebrar o DÍA DA PAZ que como sabedes se celebra o día 30 de xaneiro, coincidindo co pasamento de Gandhi


Acó vos queda un vídeo moi ilustrativo e
relacionado co tema...

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 22-01-2011 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
O Entomodelfo
Onte e hoxe estivemos traballando un animal moi peculiar , como estamos aprendendo sobre os animais estes días, onte e hoxe adicámonos ó Entomodelfo, si si o Entomodelfo. é un animal mamífero ovíparo propio de Groenlandia, que nace cada catro anos, o 29 de febreiro.. (..)

O señor Ramón Lamote, profesor de chairego e debuxante de soños deu unha conferencia sobre o Entomodelfo.
O caso é que nós primeiro escribimos e debuxamos como imaxinabamos que era un Entomodelfo, e hoxe descubrimos como era en realidade...

O libro

DAS COUSAS DE RAMON LAMOTE cóntanos a historia do señor Ramón Lamote, profesor de chairego e debuxante de soños.. desta volta limos un dos seus capítulos, o referido ó ENTOMODELFO
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 19-01-2011 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Fozando fozando
Atopamos este video no blogue de Normalización Lingüística do Instituto Val do Tea
acó en Ponteareas...

Hai uns días foron protagonistas no programa da TVG BEN FALADO

Acó vos queda o link para poder video das rapazas e rapaces do Instituto:

VIDEO EN BEN FALADO
COMENTARIOS (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2011 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre a protección dos animais
Hoxe seguimos traballando un pouquiño máis sobre os animais e miramos tamén un pouco como se alimentan,e como son segundo os lugares onde viven.

Falamos de que hai algúns animais como a balea que están en perigo de extinción..

Acó vos queda un video que atopamos na páxina web de WWF ESPAÑA/ADENA



Tamén hai outras asociacións que se adican á defensa da natureza e da biodiversidade como son:
Greenpeace España

A asociación galega ADEGA

E tamén o Refuxo de animais de Ponteareas
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 13-01-2011 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos cos animais.
Hoxe seguimos traballando un pouco máis sobre os animais, vimos o video de Mariluz e estivemos xogando no computador con varios LIM sobre os animais, salvaxes, domésticos...

Acó vos deixamos os links por se queredes xogar un pouco máis:

Animais domésticos

Animais salvaxes

Animais do campo

E hoxe tamén vos deixamos un video dun conto musicado do CD de Contos en Cantos:


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 12-01-2011 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal