@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sobre os polbos...

Estes días estamos traballando sobre os animais.
De que se alimentan, como se reproducen etc etc..
Cal é o noso animal preferido e porqué..
E tamén estamos mirando cousas peculiares, coma cal é o animal máis grande, ou que teñan algo que nos chame a atención...


O venres estivemos falando dos polbos e algúns xa sabían unha das súas peculiaridades que máis chaman a atención.. sabedes cantos corazóns ten un polbo?
Nós si :)
E tamén sabemos que é un molusco ( si si, como os CARACOIS dos que tanto sabemos) e que se camufla moi ben ( si si, como fan os camaleóns..) e que está moi rico!!!!!
E tamén vimos esta pequena animación sobre dous polbiños moi peculiares...



COMENTARIOS (1) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 25-01-2010 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Eu Falo
Interesante minidocumentario sobre a lingua galega, que recolle distintas experiencias e expresións da xente cara o noso idioma.

E ti que fas?


Os creadores do video: A Navalla Suíza
COMENTARIOS (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2010 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre a folga do ensino o día 21 de Xaneiro






O próximo xoves día 21 de xaneiro hai convocada unha folga xeral do profesorado con motivo de protesta contra o novo borrador do decreto sobre as linguas.


Acó tedes información, recollida na páxina de QUEREMOS GALEGO cos principais motivos sobre esta folga.
Compilación de artigos sobre o tema
COMENTARIOS (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-01-2010 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
Voltamos!!!
Hoxe voltamos á clase, falamos moito moito moito, das cousas que nos trouxo Papá Nöel, Pai Natal, os Reis Magos..
Falamos tamén do que fixemos, a onde fomos, que vimos neve...
E por fin por fin montamos o iglú que tiñamos na clase...
E entráronnos dúbidas, como onde vive Papá Nöel, ou como é que os Iglús non caen ó facelos, ou que tipo de animais hai polas zonas que vai moito frío.
E cales son esas zonas?
Unha chea de preguntas, das cales non atopamos resposta para todas, pero pouco a pouco...

Wordle: IGLÚ



COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 12-01-2010 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0