@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O entroido.
No blogue do centro fixemos unha "entrada" sobre a celebración do ENTROIDO no noso cole, e tamén sobre a elección do Rei e Raíña do mesmo.

Acó vos quedan os vídeos cunha pequena escolma das fotografías:


COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 15-02-2016 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre o día da Paz
Mañá no cole faremos unha pequena celebración conxunta para conmemorar o Día da Paz

Ademais de aprender a canción de Paco Nogueiras "APERTAS QUE VOAN"

Estivemos xogando a algunhas actividades das que se propoñen symbaloo SOBRE A PAZ

COMENTARIOS (0) - Categoría: Artisteando - Publicado o 28-01-2016 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Traballando sobre o tempo meteorolóxico

Hoxe estivemos mirando a páxina de Meteogalicia para ver o tempo para o día de hoxe e para o día de mañá.
Miraremos a previsión do tempo durante dúas semanas para ver as coincidencias.

Ademais miramos o espazo do tempo do telexornal da CRTVG de onte para ver se as prediccións eran correctas.

Falamos un pouco de prediccións, de satélites, tempo de isas A e B que aparecen nos mapas e da forza do vento.


AEMET
Link permanente ó tempo da CRTVG
Meteogalicia
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 25-01-2016 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
O pasado xoves visitounos Paco Nogueiras.
A semana pasada xa comentamos nun artigo do blogue do cole  que hoxe ía visitarnos Paco Nogueiras, tivemos unha sesión moi interesante e divertida con el os nenos e nenas de ED. Infantil e 1º de Primaria.
Falounos especialmente do libro CANTAROLAS aínda que tamén nos ensinou outros libros moi interesantes.
Cantamos, recitamos e pasámolo xenial. Foi moi  moi  divertido!!! 

Acó vos quedan unhas poucas fotos da sesión que compartiu  o xoves con nós:

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 19-01-2016 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
O apalpador.
Achégase o Nadal e iste ano estamos aprendendo cousas sobre a figura do Apalpador. pintamos, coloreamos, miramos vídeos, contos, escoitamos historias...

E tamén fixemos algunha das actividades divertidas que ten iste Symbaloo que fixo unha profe chamada Belén Junquera.

De todos os vídeos e cancións que vimos o que máis nos gustou foi ista canción recollida no disco BRINCA VAI de Paco Nogueiras.
Acó vos queda:

Symbaloo do Apalpador.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 15-12-2015 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos coas letras...

Istes días estamos traballando con 3 letras novas: c, z, e q.

Abaixo tedes 3 enlaces a xogos relacionados con istas letras.
ca co cu que qui
Tetris ca, co , cu, que , qui
za zo zu ce ci
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 01-12-2015 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
20 de NOVEMBRO
Hoxe 20 de novembro conmemórase o día Universal da Infancia

Acó vos quedan dous vídeos que miramos hoxe relacionados coa temática.
Unha canción e unha presentación moi explicativa.



COMENTARIOS (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2015 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Alimentos.
Comezamos falando das nosas comidas favoritas e porqué o son, e agora estamos averiguando que é o que sabemos sobre os alimentos, de onde veñen, como son... qué nos aportan...

E para comezar con todo isto o primeiro é averiguar o que xa sabemos... para ver que máis podemos aprender ..



COMENTARIOS (0) - Categoría: Ciencias - Publicado o 03-11-2015 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [59]
© by Abertal
VISITAS