@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 2º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!








Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fotos da visita de Anxo Moure.
Acó vos quedan as fotos da visita , as do contacontos para a clase de 1º e 2º:



Se tamén queredes ver as fotos dos outros ciclos, acó vos queda un link ó artigo relacionado do blogue do cole

COMENTARIOS (0) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 01-05-2015 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
25 anos do lanzamento do Hubble.
Para celebrar os 25 años do lanzamento do telescopio espacial Hubble, a banda granadina Lori Meyers grabou un tema en exclusiva para National Geographic Channel titulado Telescopio Hubble, que xa ten un videoclip!!! E mirámolo hoxe en clase, gustounos moito.

Acó tedes a publicidade da canle sobre o evento:

O videoclip da canción, conxuga animación con fotografías realizadas polo Hubble e imaxes do mesmo!!!.

Durante istes 25 años, viaxou máis de 3.000 millones de kilómetros ó longo dunha órbita do planeta.

COMENTARIOS (0) - Categoría: UNIVERSO - Publicado o 20-04-2015 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Mañá visítanos Anxo Moure.
Co gallo da semana do libro, xa que o dia 23 de abril é a conmemoración, dende a biblioteca propúxose a visita de Anxo Moure.

E para quen non o coñeza, preguntarédesvos quen é ANXO MOURE? Pois ademais de ser un "contador de contos que se fan realidade" e un educador ambiental, é  o autor de varios libros de literatura infantil coma  A xacia luviñas , O carballo con botas,  ou O paraugas "dameaugas"

Quizais o máis coñecido e recoñecido de Anxo Moure, ademais do seu espírito ecoloxista sexa a iniciativa de Contos Solidarios.

( "linkade" e visitade a páxina, ben merece a pena)




Acó vos queda tamén iste texto de Anxo  de Xevale Ecoloxía, que aparece no libro "Naturalmente Galicia" na páxina 52. 

..Cando a auga bate contra as pedras nos cachóns ou fervenzas non escoito só o son do río, sinto o berro de quen pide axuda mancada a súa libertade con encoros, verquidos e lixo.
...Cando o vento move as copas das árbores fálame da dor das carballeiras, fragas, soutos, das aciñeiras, teixos, acivros, que tremen o monstro dos incendios, das talas, pragas e desfeitas.


...Cando o mar bate entre as rochas sinto o medo das negras mareas, dos bidóns caídos nun cemiterio escuro do paraiso roubado. Tamén sinto o laio de curuxas, lobos, teixugos e dos máis pequenos bichiños e bolboretas, das fontes estragadas, das montañas fendidas.

...mais, o pouco tempo, mentras sigo sentindo a fala da terra, collo os meus apeiros (os soños, a imaxinación, a esperanza...) e simplemente loito, ó carón doutros moitos galegos eu tamén loito, aínda que só sexa abrazando as árbores.

Deixámosvos tamén dous vídeos de Anxo Moure:  o primeiro unha entrevista que lle fixeron  o ano pasado, co gallo do día do Medio Ambiente,e  o segundo un pequeno anaco dunha das súas actuacións,  desfrutádeos!!!.



COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 20-04-2015 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Traballando o UNIVERSO.
Na nosa clase estamos traballando o tema dende distintos enfoques, ademais da área de coñecemento estamos traballando tamén na área de língua e potenciando a nosa imaxinación .

Comezamos cunha nova do xornal escolar da Voz de Galicia: Chegou a hora de falar con extraterrestres? que nos deu moitísmo xogo e deu lugar á que voase a nosa imaxinación especulando sobre o tema.

Dando lugar a un amplo debate sobre se cremos que existen os extraterrestres, ou no seu caso vida noutros planetas ( e tamén falamos moito sobre a existencia de auga noutros planetas.. microorganismos..).. sometemos o tema á votación, e o resultado é o que podedes observar na imaxe...
Despois deixamos voar a nosa imaxinación:   Se foses unha científica ou científico e tivese que enviar unha mensaxe ó espazo que escribirías? Acó tedes algunhas respostas:






Despois trocamos os papeis  e démoslle a volta á tortilla..  e a pregunta foi  a seguinte:
E tivemos respostas do máis orixinal, planetas onde había miles de cores, formas e tamén moi doces nos que todo absolutamente todo eran lambetadas...

Cando tiñamos o tema algo dominado, fixemos un rap coa APP AUTORAP que tanto nos gusta, coas cousas que máis nos chamaron a atención sobre a temática. O NOSO RAP DO UNIVERSO.

Mentres traballabamos o tema pasou algo que nos chamou moitísimo a atención:  A ECLIPSE, e investigamos moito, miramos artigos de prensa e aprendimos como debíamos observar a eclipse, porqué ocorría e tamén cando sería a próxima... acó vos queda un link ó noso blogue de aula para que vexades canto investigamos sobre a ECLIPSE DO 20 DE MARZO.

E non so traballamos linguas, tamén traballamos educación artística, e a profe Ana fixo con nós unha actividade artística que nos gustou moito moito moito.  E estivemos elaborando unha gráfica despois de enquisar ós nenos e nenas de primaria...
E agora estamos elaborando o noso LIBRO DO UNIVERSO... seguiremos informando!!!!!
A profe Silvia tamén traballou con nós o universo
COMENTARIOS (0) - Categoría: UNIVERSO - Publicado o 20-04-2015 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Fomos ó teatro
O pasado venres fomos ó Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas a ver a obra de teatro As Fabas Máxicas de Caramuxo Teatro.

Organizado pola FANPO ( Federación de ANPAS de Ponteareas), fomos as clases de infantil 1º e 2º.

Gustounos moito, e pasámolo xenial.

Acó vos deixamos un pequeno vídeo promocional da actuación:

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 14-04-2015 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario de Nico


O pasado venres 27 Nicolás celebrou o seu aniversario con nós no cole, xa que cumpría 8 anos ó día seguinte.

Trouxo uns biscoitos dos que dimos boa conta!!!


Parabéns para Nico e agardamos que desfrutase no seu día.

COMENTARIOS (1) - Categoría: Aniversarios - Publicado o 04-04-2015 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Verbos
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 20-03-2015 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
Día do Pai
Iste ano para celebrar o día do Pai, ademais de facer un pequeno e sinxelo agasallo. Decidimos mergullarnos un pouco nas tecnoloxías para facer unha felicitación un pouco distinta...

Asique as clases de 1º e de 2º decidimos facer cada unha un pequeno vídeo, sinxelo, exactamente iguais.

PARABÉNS PARA TODOS OS PAPÁS.


Acó vos queda o noso resultado:




E ademais fixemos un pequeno RAP ( coa aplicación gratuíta/de balde autorap que tanto nos gusta!!) cos nomes dos Papás da nosa clase.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 19-03-2015 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Eclipse 20 de marzo

   


 O vindeiro 20 de marzo terá lugar unha eclipse total solar que aínda que parcialmente se poderá ver en Galicia cunha importante magnitude. De feito, dado que a eclipse se inicia no Atlántico e pasa entre Islandia e as Illas Británicas para rematar no Polo Norte, será a galega a comunidade onde a Lúa oculte máis o Sol; concretamente na  costa noroeste chegará a ocultarse máis dun 75% da superficie solar. De darse condicións meteorolóxicas favorables, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC alerta das debidas precaucións que hai que tomar ese día para observar o fenómeno.


A eclipse comezará en Galicia ás 9:05 horas, terá o máximo ás 10:09 e rematará ás 11:18. Retransmitirase vía internet polo Real Instituto y Observatorio de la Armada, e por Misión Eclipse. Ademais, o Observatorio Astronómico da USC organizará no seu xardín unha sesión pública de seguimento.
( Podedes ler o artigo completo en G-CIENCIA )

Acó vos deixamos tamén da mesma páxina unha serie de mapas interactivos de como será a eclipse en Galicia.
Por outra banda é importante visionar o eclipse coas precaucións axeitadas... acó tedes 5 recomendacións básicas.
COMENTARIOS (0) - Categoría: UNIVERSO - Publicado o 17-03-2015 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [51]
© by Abertal