@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Excursión ás Illas Cíes.
O vindeiro venres día 17 de xuño iremos de excursión ás ILLAS CÍES.

Na clase miramos algúns vídeos sobre as Cíes, de entre os vídeos que vimos, ista promoción das mesmas en FITUR gustounos moito:

E iste anaco documental do programa de RTVE "España Directo" sobre as mesmas.


ÍMOLO PASAR XENIAL!!!!
Documental de RTVE sobre as Cíes.
XOGO LIM sobre as Illas Atlánticas.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 13-06-2016 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
5 de xuño día do Medio Ambiente.
O pasado domingo conmemorouse o día MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.
Miramos algúns vídeos moi interesantes coma iste:

E tamén xogamos con iste xogo LIM sobre o MEDIO AMBIENTE que nos gustou moito.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 07-06-2016 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Visita á biblioteca e museo de Ponteareas.
O pasado xoves os nenos e nenas das clases de 1º, 2º e 3º fixemos unha visita á Biblioteca Municipal de Ponteareas.

Na que coñecimos as instalacións da mesma, da man de Sofía que nos fixo de guía.
Tamén visitamos o Museo no que se recolle a historia da localidade: información sobre o castro de Troña, a evolución de Ponteareas e figuras importantes nadas na mesma.

Despois da visita xogamos un pouco no parque infantil que está ó lado da biblioteca.
Foi unha saída moi completa!!

Acó quedan unhas pouquiñas fotos da visita.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 29-05-2016 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
XADREZ
Aínda que o xadrez é un xogo moi complexo e complicado para nós, temos curiosidade por sabr como se xoga.
E estamos aprendendo a colocación das fichas no taboleiro, para iso escoitamos ista canción.
Tamén estamos aprendendo como se move cada unha das fichas no taboleiro, e atopamos unha serie de vídeos nos que unha nena nos vai explicando como se colocan.


Xadrez online
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 15-05-2016 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Inventos e inventor@s
Hai un par de semanas ,estivemos investigando un pouco sobre os inventos, e as persoas que os crearon.

Descubrimos que os chineses sempre levaron vantaxe a occidente en moitas cousas e tamén vimos algún vídeo dalgún inventor salientable, así aprendemos cousas sobre GALILEO e tamén sobre LEONARDO DA VINCI ou GUTENBERG

Tamén falamos de que a maioría dos inventores son homes, porque ata hai relativamente pouco ás mulleres non eran admitidas nas universidades , e moitas veces nin podían cursar estudos ou investigar. Como caso feminino especialmente interesante investigamos un pouco sobre MARIE CURIE

Ademais miramos algún documental sobre os inventos españois máis destacados.


E rematamos coa canción dos Diplomáticos de Monte Alto coa súa "Oda ó futbolín". Que descubrimos que foi inventado por un galego!!!!

Tamén tivemos unha etapa creativa e imaxinativa e pensamos nos nosos propios inventos para nenos e nenas. E como cremos que serán os medios de transporte no futuro.
Symbaloo sobre inventos
Inventos femininos.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Ciencias - Publicado o 02-05-2016 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Día do LIBRO
O pasado sábado foi o Día do Libro. A nivel de centro fixéronse dúas actividades ben interesantes:

A partir da proposta feita polo equipo da biblioteca do centro, para conmemorar o día do libro, e tendo en conta que este é o ano adicado AS LEGUMES , elaboramos este libro.

Cada unha das clases de ED. Primaria tivo que buscar información, características curiosidades e ademais inventar un poema relacionado coa legume que lles tocou representar.
As aulas de ED. Infantil encargáronse de elaborar a portada e a contraportada.


Acó vos queda o resultado do traballo neste ISSUU, que tedes á vosa disposición "físicamente" na biblioteca do centro.





O equipo de biblioteca do centro pediu ás familias se podían compartir con nós unha fotografía "lendo en familia" para poder facer un pequeno vídeo e compartilo para a conmemoración do día do libro.  

Acó vos queda o vídeo. Agardamos que vos guste.


E por último a nivel de aula. O venres fixemos un pequeno "obradoiro de reparación de libros" no que estivemos "aquelando" un pouco os libros da nosa biblioteca de aula que estaban algo magullados.
Ademais Cristina e Noemi da clase de 3º viñeron a ler unhas adiviñas moi interesantes.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 25-04-2016 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
A RECICLAXE
Estamos aprendendo cousas sobre as enerxías: os distintos tipos... os materiais que se utilizan para construir, materias primas, inventos e inventor@s , e moitas cousas máis.

Hoxe centrámonos na temática da reciclaxe .
Vimos algún que outro vídeo sobre o tema e ademais escoitamos iste "lipdub" tan orixinal que fixeron no CEIP Coirón Dena


Ademais xogamos un pouco con iste XOGO LIM SOBRE A RECICLAXE
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 21-04-2016 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Traballando a paisaxe
A semana pasada e hoxe estivemos aprendendo algunhas palabras novas aínda que algunhas xa as sabíamos, con respecto á paisaxe e iremos traballando sobre o tema.

Falamos moito da paisaxe, e das diferencias que podemos atopar, dos elementos naturais e dos modificados pola man do home.

Tamén miramos algúns dos interesantes vídeos do Proxecto Terra sobre o paso do tempo, as diferenzas nas distintas estacións e en distintos lugares de Galicia.
Paisaxe Costeira e de Interior
Xogo sobre a paisaxe. Abalar.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 07-03-2016 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [58]
© by Abertal
VISITAS