@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 2º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!








Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Traballando sobre o tempo meteorolóxico

Hoxe estivemos mirando a páxina de Meteogalicia para ver o tempo para o día de hoxe e para o día de mañá.
Miraremos a previsión do tempo durante dúas semanas para ver as coincidencias.

Ademais miramos o espazo do tempo do telexornal da CRTVG de onte para ver se as prediccións eran correctas.

Falamos un pouco de prediccións, de satélites, tempo de isas A e B que aparecen nos mapas e da forza do vento.


AEMET
Link permanente ó tempo da CRTVG
Meteogalicia
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 25-01-2016 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
O pasado xoves visitounos Paco Nogueiras.
A semana pasada xa comentamos nun artigo do blogue do cole  que hoxe ía visitarnos Paco Nogueiras, tivemos unha sesión moi interesante e divertida con el os nenos e nenas de ED. Infantil e 1º de Primaria.
Falounos especialmente do libro CANTAROLAS aínda que tamén nos ensinou outros libros moi interesantes.
Cantamos, recitamos e pasámolo xenial. Foi moi  moi  divertido!!! 

Acó vos quedan unhas poucas fotos da sesión que compartiu  o xoves con nós:

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 19-01-2016 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
O apalpador.
Achégase o Nadal e iste ano estamos aprendendo cousas sobre a figura do Apalpador. pintamos, coloreamos, miramos vídeos, contos, escoitamos historias...

E tamén fixemos algunha das actividades divertidas que ten iste Symbaloo que fixo unha profe chamada Belén Junquera.

De todos os vídeos e cancións que vimos o que máis nos gustou foi ista canción recollida no disco BRINCA VAI de Paco Nogueiras.
Acó vos queda:

Symbaloo do Apalpador.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 15-12-2015 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos coas letras...

Istes días estamos traballando con 3 letras novas: c, z, e q.

Abaixo tedes 3 enlaces a xogos relacionados con istas letras.
ca co cu que qui
Tetris ca, co , cu, que , qui
za zo zu ce ci
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 01-12-2015 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
20 de NOVEMBRO
Hoxe 20 de novembro conmemórase o día Universal da Infancia

Acó vos quedan dous vídeos que miramos hoxe relacionados coa temática.
Unha canción e unha presentación moi explicativa.



COMENTARIOS (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2015 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Alimentos.
Comezamos falando das nosas comidas favoritas e porqué o son, e agora estamos averiguando que é o que sabemos sobre os alimentos, de onde veñen, como son... qué nos aportan...

E para comezar con todo isto o primeiro é averiguar o que xa sabemos... para ver que máis podemos aprender ..



COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 03-11-2015 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Simulacro.

Hoxe fixemos un simulacro de incencio no cole, coa súa
correspondente evacuación.

O tempo que tardamos en seguir o protocolo e evacuar o centro foi de
3 minutos e 17 segundos.
Bo traballo!

Fixémolo moi ben.


Artigo máis extenso no blogue do centro
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 23-10-2015 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Simulacro de evacuación.
Hoxe estivemos falando da importancia dos simulacros de evacuación no caso de que se produzan situacións como incendios ou inundacións no noso centro...

Falamos do protocolo que deberíamos seguir no caso de que se produza unha alarma.. Por onde temos que sair do centro e cara onde temos que ir.

Ademais xa sabíamos que hai que chamar o 112 en caso de emerxencia.

E ademais miramos iste vídeo que é moi ilustrativo divertido e ten un RAP!!

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 21-10-2015 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Un neno e unha caixa de cartón...
Unha curta que gusta moito, e ademais sen dicir nin unha palabra, transmite un montón de cousas...


Agardamos que vos guste tanto coma a nós.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 13-10-2015 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal