@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 2º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!








Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Visita á biblioteca e museo de Ponteareas.
O pasado xoves os nenos e nenas das clases de 1º, 2º e 3º fixemos unha visita á Biblioteca Municipal de Ponteareas.

Na que coñecimos as instalacións da mesma, da man de Sofía que nos fixo de guía.
Tamén visitamos o Museo no que se recolle a historia da localidade: información sobre o castro de Troña, a evolución de Ponteareas e figuras importantes nadas na mesma.

Despois da visita xogamos un pouco no parque infantil que está ó lado da biblioteca.
Foi unha saída moi completa!!

Acó quedan unhas pouquiñas fotos da visita.


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 29-05-2016 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
XADREZ
Aínda que o xadrez é un xogo moi complexo e complicado para nós, temos curiosidade por sabr como se xoga.
E estamos aprendendo a colocación das fichas no taboleiro, para iso escoitamos ista canción.
Tamén estamos aprendendo como se move cada unha das fichas no taboleiro, e atopamos unha serie de vídeos nos que unha nena nos vai explicando como se colocan.


Xadrez online
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 15-05-2016 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Inventos e inventor@s
Hai un par de semanas ,estivemos investigando un pouco sobre os inventos, e as persoas que os crearon.

Descubrimos que os chineses sempre levaron vantaxe a occidente en moitas cousas e tamén vimos algún vídeo dalgún inventor salientable, así aprendemos cousas sobre GALILEO e tamén sobre LEONARDO DA VINCI ou GUTENBERG

Tamén falamos de que a maioría dos inventores son homes, porque ata hai relativamente pouco ás mulleres non eran admitidas nas universidades , e moitas veces nin podían cursar estudos ou investigar. Como caso feminino especialmente interesante investigamos un pouco sobre MARIE CURIE

Ademais miramos algún documental sobre os inventos españois máis destacados.


E rematamos coa canción dos Diplomáticos de Monte Alto coa súa "Oda ó futbolín". Que descubrimos que foi inventado por un galego!!!!

Tamén tivemos unha etapa creativa e imaxinativa e pensamos nos nosos propios inventos para nenos e nenas. E como cremos que serán os medios de transporte no futuro.
Inventos femininos.
Symbaloo sobre inventos
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 02-05-2016 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Día do LIBRO
O pasado sábado foi o Día do Libro. A nivel de centro fixéronse dúas actividades ben interesantes:

A partir da proposta feita polo equipo da biblioteca do centro, para conmemorar o día do libro, e tendo en conta que este é o ano adicado AS LEGUMES , elaboramos este libro.

Cada unha das clases de ED. Primaria tivo que buscar información, características curiosidades e ademais inventar un poema relacionado coa legume que lles tocou representar.
As aulas de ED. Infantil encargáronse de elaborar a portada e a contraportada.


Acó vos queda o resultado do traballo neste ISSUU, que tedes á vosa disposición "físicamente" na biblioteca do centro.





O equipo de biblioteca do centro pediu ás familias se podían compartir con nós unha fotografía "lendo en familia" para poder facer un pequeno vídeo e compartilo para a conmemoración do día do libro.  

Acó vos queda o vídeo. Agardamos que vos guste.


E por último a nivel de aula. O venres fixemos un pequeno "obradoiro de reparación de libros" no que estivemos "aquelando" un pouco os libros da nosa biblioteca de aula que estaban algo magullados.
Ademais Cristina e Noemi da clase de 3º viñeron a ler unhas adiviñas moi interesantes.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 25-04-2016 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
A RECICLAXE
Estamos aprendendo cousas sobre as enerxías: os distintos tipos... os materiais que se utilizan para construir, materias primas, inventos e inventor@s , e moitas cousas máis.

Hoxe centrámonos na temática da reciclaxe .
Vimos algún que outro vídeo sobre o tema e ademais escoitamos iste "lipdub" tan orixinal que fixeron no CEIP Coirón Dena


Ademais xogamos un pouco con iste XOGO LIM SOBRE A RECICLAXE
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 21-04-2016 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Traballando a paisaxe
A semana pasada e hoxe estivemos aprendendo algunhas palabras novas aínda que algunhas xa as sabíamos, con respecto á paisaxe e iremos traballando sobre o tema.

Falamos moito da paisaxe, e das diferencias que podemos atopar, dos elementos naturais e dos modificados pola man do home.

Tamén miramos algúns dos interesantes vídeos do Proxecto Terra sobre o paso do tempo, as diferenzas nas distintas estacións e en distintos lugares de Galicia.
Paisaxe Costeira e de Interior
Xogo sobre a paisaxe. Abalar.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 07-03-2016 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Aprendendo sobre os animais.
Istes días estamos aprendendo algunhas cousas sobre os animais, aínda que xa sabíamos un montón!!
Segundo se alimentan, sabemos que poden ser herbívoros, carnívoros ou omnívoros.
Tamén sabemos que se poden clasificar segundo se reproducen: se nacen dun ovo ou do corpo das súas nais.
Tamén sabemos que hai animais salvaxes e domésticos.
E quizáis o que máis nos está costando é un pouco diferenciar entre vertebrados e invertebrados... pero temos moi claras as características principais dos mamíferos.

Estivemos practicando o que xa sabíamos e mais o que aprendemos con xogos LIM. Como por exemplo iste LIM sobre animais que é moi completo e explicativo.

Deixovos ista presentación moi ben feita, interesante ilustrativa e explicativa sobre os animais para que lle botedes un ollo:
Clasificación dos animais from iesasorey

Ademais vimos vídeos de MINUSCULE coma iste:

Lim sobre animais.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas da clase - Publicado o 15-02-2016 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
O entroido.
No blogue do centro fixemos unha "entrada" sobre a celebración do ENTROIDO no noso cole, e tamén sobre a elección do Rei e Raíña do mesmo.

Acó vos quedan os vídeos cunha pequena escolma das fotografías:


COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 15-02-2016 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre o día da Paz
Mañá no cole faremos unha pequena celebración conxunta para conmemorar o Día da Paz

Ademais de aprender a canción de Paco Nogueiras "APERTAS QUE VOAN"

Estivemos xogando a algunhas actividades das que se propoñen symbaloo SOBRE A PAZ

COMENTARIOS (0) - Categoría: Artisteando - Publicado o 28-01-2016 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal