 Hoxe é 1 de abril, e : o 1 de abril van os burros onde non deben ir...
É o equivalente galego á tradición do 28 de decembro.
Hoxe os nenos e nenas de 6º tentaron gastarnos unha broma, pero non nos crimos nada!!!.
E tamén estivemos facendo bromas na clase...
Asique se hoxe vos contan algo realmente raro e sospeitoso, non o creades...
E ademais houbo deporte escolar, viñeron os nenos e nenas de 6º do CPI de Mondariz a xogar cos nenos e nenas do 3º ciclo, e despois do recreo chocolatada e rosquillas para todos.!!!
|