O pasado sábado celebrouse o que se deu en chamar " A HORA DO PLANETA".
Os deberes para o martes foron preguntar na casa, investigar ou buscar nalgún medio de comunicación: xa fose xornal, internet, televisión ou radio información sobre qué era iso da hora do planeta.
Os deberes viñeron moi ben feitos e entre outras moitas cousas quedámonos con:
-Que é un movemento que naceu en Australia, máis concretamente en SIDNEY no ano 2007
-Que é algo voluntario, e que está "apadriñado" por WWF acó máis coñecido por Adena.
-Que se celebra o último sábado do mes de marzo.
- Que vai no noso horario dende as oito e media ás nove e media, dura unha hora.
-Que tanto os particulares coma as empresas ou institucións apagan as luces ou electrodomésticos que consideren.
-Que é apagar as nosas luces para acender as do Planeta.
Temos que ser conscientes que o noso consumismo está acabando cos recursos do planeta, temos que ser responsables no consumo e utilización e sempre que estea na nosa man utilizar as 3 erres: reducir, reciclar e reutilizar.