 Hoxe voltamos ver o video que puxemos onte no blogue,os nenos e nenas de 2º invitáronnos a velo na súa aula con eles.
Por outra banda, tiñamos certas dúbidas,
de porqué había que pechar as fiestras
en caso de incendio.
Asique a profe buscou un chisqueiro,
un vaso de cristal e unha vela para explicarnos que o lume precisa do osíxeno para expandirse.
Polo tanto se o lume non ten osíxeno remata por apagarse, e iso foi o que lle sucedeu á vela, unha vez que lle puxemos o vaso de cristal enriba.
Por iso é tan importante pechar as fiestras en caso de incendio, para que o lume non teña osíxeno e non se extenda
Coma onte Yoel non veu, tamén lle ensinamos onde están os extintores, as luces de emerxencia e a toma de auga no noso andar. |