@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Seguimos aprendendo sobre Urbano Lugrís.
Na clase de TERCEIRO estamos aprendendo un montón de cousas sobre Urbano Lugrís
Sobre a súa vida, investigamos un pouco e sabemos que: 

-Naceu na Coruña e morreu en Vigo, no ano 1973. ( Viviu 65 anos)

- Foi pintor, pero tamén escritor e poeta.
- Era coñecido coma o "pintor do mar" 

O ano pasado "AFUNDACIÓN" ( obra social de ABANCA) fixo unha exposición sobre a súa obra na cidade da Coruña, titulada: PAREDES SOÑADAS ( se premedes , accederedes a unha visita virtual da exposición polas distintas salas)

Para decorar a porta da nosa aula decidimos que xa que é o pintor do mar, nada mellor que reflectir ese mar fantástico, orixinal e máxico de Urbano...

E fixemos unha colaxe con moitos dos elementos marítimos que máis o representan, ou que máis nos chamaron a atención. 



  
COMENTARIOS (0) - Categoría: Mundo de cores. - Publicado o 03-02-2018 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que dis?
E ti quen es?:
O teu correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
VISITAS