Xa sabemos moitas cousas doutros anos, este curso recordaremos algunhas coma a PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS e a importancia de ter uns hábitos saudables.
Onte tocounos falar na radio escolar, e fixémolo sobre este tema.
Para ambientar a nosa intervención utilizamos a canción da " Horta de Balbina" de Maria Fumaça.
Outra das cancións relacionadas cos alimentos que nos gusta moito é a de "Pan de millo" de Migallas.
Ademais xogamos cun LIM sobre o mercado ( do Calvario , en Vigo) que nos gustou moitísimo e co que aprendemos vocabulario e problemas con euros.
A próxima semana veremos algún vídeo relacionado co tema.
Seguiremos informando!!