Levamos un par de días facendo algunhas cousiñas relacionadas co Samaín na clase, e relacionadas co Halloween na aula de inglés.
Escoitamos músicas: cancións de esqueletes que bailan, ou do samaín, ou de medo pero a que máis nos gusta de todas é a de Paco Nogueiras,
tirada do seu disco BRINCA VAI!. Acó vos queda:
Ademais vimos algunha curta de animación propia destas datas.
Ademais do clásico "Alistán, o demo oveiro" que tanto nos gusta!!!, tamén miramos esta curta chamada ALMA: