Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas! |
|
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Traballando o UNIVERSO. |
|
Na nosa clase estamos traballando o tema dende distintos enfoques, ademais da área de coñecemento estamos traballando tamén na área de língua e potenciando a nosa imaxinación .
Comezamos cunha nova do xornal escolar da Voz de Galicia: Chegou a hora de falar con extraterrestres? que nos deu moitísmo xogo e deu lugar á que voase a nosa imaxinación especulando sobre o tema.

Dando lugar a un amplo debate sobre se cremos que existen os extraterrestres, ou no seu caso vida noutros planetas ( e tamén falamos moito sobre a existencia de auga noutros planetas.. microorganismos..).. sometemos o tema á votación, e o resultado é o que podedes observar na imaxe...
Despois deixamos voar a nosa imaxinación: Se foses unha científica ou científico e tivese que enviar unha mensaxe ó espazo que escribirías? Acó tedes algunhas respostas:
.png)

Despois trocamos os papeis e démoslle a volta á tortilla.. e a pregunta foi a seguinte:
E tivemos respostas do máis orixinal, planetas onde había miles de cores, formas e tamén moi doces nos que todo absolutamente todo eran lambetadas...

Cando tiñamos o tema algo dominado, fixemos un rap coa APP AUTORAP que tanto nos gusta, coas cousas que máis nos chamaron a atención sobre a temática. O NOSO RAP DO UNIVERSO.
Mentres traballabamos o tema pasou algo que nos chamou moitísimo a atención: A ECLIPSE, e investigamos moito, miramos artigos de prensa e aprendimos como debíamos observar a eclipse, porqué ocorría e tamén cando sería a próxima... acó vos queda un link ó noso blogue de aula para que vexades canto investigamos sobre a ECLIPSE DO 20 DE MARZO.
E non so traballamos linguas, tamén traballamos educación artística, e a profe Ana fixo con nós unha actividade artística que nos gustou moito moito moito. E estivemos elaborando unha gráfica despois de enquisar ós nenos e nenas de primaria...
E agora estamos elaborando o noso LIBRO DO UNIVERSO... seguiremos informando!!!!! |
|
|
|
E ti que dis? |
|
|
|
|