O vindeiro martes día 3 de febreiro imos de excursión á Cidade da Coruña, para
facer un percorrido museístico. Imos ir á tríada dos Museos Científicos Coruñeses: Domus , Acuario ( tamén coñecido coma casa dos peixes) e Casa das Ciencias.
As visitas comezarán ás 11 da mañá na Domus, para continuar no Acuario e rematar
no casa das Ciencias, culminando co visionado do Planetario.
Acó vos deixamos un par de vídeos informativos e algunha páxina web de interese coma a canle en youtube dos Museos Científicos Coruñeses onde tedes uns vídeos moi interesantes.