Hoxe ademais de celebrar o aniversario de
Noelia tivemos unha visita moi especial!!!: viñeron a última hora
Verónica e
Andrés.
A mamá e o irmán de
Nicolás.
Estivemos falando de que é un bebé moi pequerrechiño, porque aínda non ten un mes. E portouse moi ben, porque aínda que estivemos mirándoo e facendo algo de ruído, case non chorou.
Estiveron con nós un anaco e puidemos ver o fermoso e pequeniño que é Andrés.
Parabéns para a familia de Nico.