POEMA ADICADO AS MARISCADORAS:
CAMIÑAN descalzas polas rochas,
pantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal, con argazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efémero permanece.
Arden, ANA ROMANÍ

Iste ano para traballar o día Internacional da Muller cada ciclo elaborou un mural cunha temática relacionada co mar, así houbo sereas, redeiras, mariscadoras, nereidas.. mulleres relacionadas co mar.
No primeiro ciclo fixemos un mural adicado ás mariscadoras. Buscamos información sobre o seu traballo, as súas doenzas, o furtivismo, o marisco que recollen.. e falamos sobre o duro que é o seu traballo.
No blogue mariscadora en el Grove atopamos moitísima información moi interesante
Para nós as mariscadoras son as raíñas do mar:
|