Hoxe nos caderniños do
Proxecto Terra que estamos facendo na área de Coñecemento do Medio, estivemos observando as
diferenzas entre as cousas materiais ou lugares erosionados pola natureza e tamén polas cousas nas que se nota que as persoas interveñen: estradas,camiños, viñas, hortas, cidades, vilas, etc...
E traballando sobre isto apareceu unha foto dunhas ruínas ó lado do mar, que non sabíamos o que eran. Despois de investigar eso do
CASTRO DE BAROÑA entendimos un pouco máis o que eran iso dos Castros e dos Castrexos.
Falamos dos
Barbanzós que vivían no Castro de Baroña.