Hoxe os nenos e nenas da clase de
TRES ANOS fixéronnos unha visita.
Viñeron en dúas quendas, para ver as nosas creacións de Haring, explicámoslle un pouco quen era e ademais puxémoslles dous pequenos vídeos e unhas poucas das súas creacións. E xogamos con
Elmo !!!
E tamén lles agasallamos cunha copia dunha obra de Haring para que el@s fagan a súa propia versión.
Pasámolo moi ben, moitas grazas ós nenos e nenas de 3 anos por vir.