Hoxe a profe dixo que íamos ter sorpresa de Samaín, e así foi...
Tivemos que atopar unhas "chuches" escondidas na aula, e comemos pantasmiñas!!! e rematamos o noso anteface de cabaza que fixemos esta semana; e tamén a nosa cabaza con imán para poñer na neveira ou onde haxa algo metálico...
E ademais houbo mini sesión de maquillaxe terrorífica , e xogamos moito moito ...
Acó quedan unhas poucas fotos de hoxe e das cabazas que foron traendo ó longo da semana, para a exposición que se fixo no cole, e que organizou a teacher Nuria.