
Estar en ED. Primaria ten unha serie de cousas novas.
Hoxe, chegou a profe Azucena á nosa clase cunha mochila vermella, e tod@s preguntaron de quen era esa mochila... E porqué a profe a deixaba na nosa clase.

A mochila viaxeira , é como di o seu nome unha mochila que "viaxa". Cada semana estará na casa dun dos alumn@s da clase. Dentro hai tres libros, e unha pequena libreta para facer un debuxo ou escribir o que nos pareceu o conto. Ademais dunha folla explicando para qué son cada un dos tres libros.
A mochila viaxeira da nosa clase xa comezou a súa andaina !!! Hoxe levouna Victoria e cada semana irá para a casa de algúen.
BOA LECTURA!
|