@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sobre os incendios.
Onte estivemos mirando o plano que nos explica o método de evacuación da aula no caso de incendio.
E falando do que hai que facer no caso de que haxa un incendio:

O primeiro ver que as fiestras estean pechadas.

Despois temos que deixar todo, non coller nada, e facer unha ringleira na porta da clase, contarnos a tod@s non vaia ser que alguén estea no baño e nos despistemos.

Unha vez que esteamos tod@s, temos que sair da clase en ringleira, ordeadamente, e baixar polo lado esquerdo da nosa aula, sen agarrarnos a nada metálico e con calma.

E por último temos que sair do centro, apurando pero sen correr ata chegar á porta de saída.

Miramos o plano tamén para ver onde están os extintores no noso andar, e atopámolos todos.

Hoxe tamén aprendemos algunhas cousas, coma a quen hai que chamar en caso de emerxencia, e concluímos que ou ó 112 ( teléfono internacional de emerxencias) ou ó 061.

Hoxe imos ver este video que explica moi ben o que hai que facer, está feito polo alumnado e profesorado dun instituto de Murcia chamado CES SEVERO OCHOA.
Os nenos e nenas de 2º acompañáronnos cando vimos o video e tamén lles gustou moito.




E ó final do vídeo hai un rap moi marchoso sobre o tema!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 07-10-2011 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que dis?
E ti quen es?:
O teu correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0