Nos últimos días de clase estivemos falando tamén dalgunhas festas populares da nosa comunidade, e especialmente falamos da festa do San Xoán, que é hoxe á noite.
Falamos, das cacharelas, das fogueiras, das lumeradas, de queimar os trastos vellos, de desprendernos do que non nos gusta, falamos de herbas, e tamén falamos que nalgúns lugares a xente escóndelle cousas a outra xente , ou cámbianlle de sitio as cancelas ou as cousas que atopen, e que nalgúns lugares as deixan logo en zonas comunitarias: diante da igrexa, no local social...
E claro está falamos das sardiñas e de que no " San Xoán a sardiña molla ó pan".
A portada das fichas deste trimestre é unha imaxe feita por Castelao que representa unha fogueira do San Xoán.
Acó vos queda un poemiña de Manuel Murguía:
Día de San Xoán, alegre, meniña, vaite lavar, pillarás auga do páxaro antes do que o sol raiar.
Irás o abrente do día a auga fresca catar da auga do paxariño que saúde che ha de dar.
Corre, meniña, vaite lavar alá na fonte te has de lavar, e a fresca auga desta amañecida cor da cereixa che tén que dar Se arraiar, se arraiará tódalas meigas levará, se arraióu, xa arraióu, tódalas meigas levou Peladas era peladas serán todalas meigas que andan polo chan.
Peladas son, peladas eran tódalas meigas que andan pola terra.