|
|
|
Fin do proxectiño dos caracois. |
|

Hoxe comemos caracois doces...
Bueno, non eran exactamente caracois...
eran ensaimadas pequenas..
con forma de espiral..
E despois desta degustación rematamos o noso miniproxecto sobre caracois.
O máis destacable quedou recollido nun recunchiño da nosa aula,
POEMA EXPERIMENTAL incluído |
|
|
|
Atopamos un caracol! |
|

Hoxe Yoel atopou un caracol no recreo, e subiuno á clase.
Seguramente tiña medo porque non saiu da súa cunchiña en todo o tempo que o tivemos.
Estivemos mirándoo e concluímos que debía de ser noviño, xa que as espirais da caracola eran poucas, e era pequeno.
Pensamos en deixalo na clase e poñerlle folliñas e auga, pero logo pareceunos que ata o martes era moito tempo para que o caracol estivese so, e igual afogaba de calor.
Asique ó final decidimos deixalo no patio de novo.
Tivemos que "votar" a ver onde o iamos deixar, e non nos poñíamos dacordo ata que ó final decidimos que quizais preto de onde sae a auga da fonte era un bo lugar..
Seguirá o martes alí? ou xa se aventuraría a percorrer o mundo? |
|
|
|
Poema Caracoliano |
|
Hoxe traballamos este poema de FEDERICO GARCÍA LORCA ,Lorca foi un poeta de Granada
( e Granada, está na comunidade autónoma de Andalucía)
e escribiu 6 poemas en galego.
Esta é unha traducción do seu poema ó galego
Balada do Caracol Negro
Caracois negros.
Os nenos sentados
escoitan un conto.
O río traía
coroas de vento
e unha serpe grande,
dende un tronco vello
miraba ás nubes
redondas do ceo.
Neno, meu pequeno
Onde estás?
Síntote no corazón
e non é certo.
Lonxe
Agardas que saque
a túa alma do silenzo
Caracois grandes.
Caracois negros
Federico García Lorca
Buscamos a palabra caracol e caracois no texto e as rodeamos, e tamén as vogais.
|
|
|
|
E esto é o que di Petete sobre os caracois. |
|
Petete? A profe dixo que o botaban cando era pequena...
Que é Petete? Esta versión é da TV arxentina
|
|
|
|
Espirais |
|
Seguimos traballando cousiñas de caracois,
hoxe centrámonos na forma espiral das súas caracoliñas...
E tivemos o noso momento de creación artística e fixemos
as nosas propias espirais de cores nos cristais da fiestra...
Aquí vos queda unha mostra
|
|
|
|
Máis sobre caracois ... |
|

Puff! hoxe aprendimos unha chea de palabras raras, relacionadas cos caracois..
Sabíades que son MOLUSCOS e ademais.. unha palabra todavía máis rara.. GASTERÓPODOS ???
Pero non so descubrimos iso, senon que tamén hibernan, pero case que o que máis nos gustou foi o da forma de ESPIRAIS das caracoliñas
E iso de que son comestibles a algún diulle un pouco de noxo |
|
|
|
Caracois.. |
|

Onte e hoxe andivemos facendo uns caracoliños para decorar a nosa aula un pouco,
despois de pintalos puxémoslle esas boliñas tan xeitosas que fixemos.
A nosa clase está recén pintada e hai moito espazo en branco.
Tamén fixemos uns caracois de plastilina, pero nada que ver co do video!!!
Os caracois.. en outono déixanse ver bastante, falamos hoxe na clase de porque...
pero aínda sabemos moi poucas cousas sobre eles asique teremos que seguir investigando...
|
|
|
|