Hoxe a máis pequena da nosa aula, Carmen cumpriu 6 anos, asique agora todos e todas teñen xa seis anos!!! .
Trouxo unha tarta de Mickey Mouse que nos dixo que fixo coa súa nai, que estaba moi moi boa.
Pintou a súa coroa e cada un fíxolle un debuxiño.
E trouxonos un agasallo para tod@s.
Parabéns Carmen e a desfrutar do teu día !
Hoxe é o aniversario de Rubén e celebrouno con nós no colexio.
Trouxo unha torta de chocolate, que estaba requeteboísima, comímola toda, que so quedaron unhas migallas.
Ademais tróuxonos un agasallo para cada un, moi práctico e moi moi bonito.
Cantámoslle, felicitámolo, tirámoslle das orellas e fixémoslle un foguete. Parabéns para Rubén !!!
E ademais miramos algún video de POCOYÓ e especialmente o do aniversario da balea... No que nos quedou claro o importante que é ter amig@s ! Acó vos queda por se o queredes ver.
O pasado día 25 foi o aniversario de Melisa.
Como non houbo cole, celebrouno hoxe con nós, tróuxonos un agasallo para cada un.
E cantámoslle, en castelán, en inglés e en galego..