Á volta das vacacións estivemos facendo algunhas tarefas cunha tablet que lle prestaron á profe, unha delas foi utilizar a APP ThingLink , aplicación de balde e que ten soporte tanto en ordenador coma en móbil.
A profe Isabel, que o ano pasado daba Inglés en Ed. Infantil, este ano está no colexio das Neves.
E tamén ten un blogue de aula, para contar as cousiñas que fan os seus alumnos e alumnas de 1º.
Acó vos queda tamén a dirección do seu blogue para que vexades o moito que traballan !
A profe Cris, que estivo o pasado curso cos nenos e nenas que estaban na clase de segundo (e que este ano está nun cole de Vigo que se chama Doutor Fleming)fixo un blogue para contar as cousiñas que fan na clase de 1º acó vos queda a dirección por se queredes mirar este blogue tan chulo.