|
|
|
Buscamos unha estrela... |
|
Estes días andamos un pouco apurados, preparando a canción para o festival de Nadal,
adornar un pouco a clase, traballar sobre os alimentos...
Acó vos queda a canción que imos cantar no festival de Nadal ( falta unha pequena modificación sorpresa).
|
|
|
|
ONTE FOMOS DE EXCURSIÓN |
|
Onte fomos de excursión cos nenos e nenas de 3 , de 4 e de 5 anos.
Fomos ata Nigrán, e fomos xogar , xogamos moito moito moito ,
xogamos coas bolas, tirámonos, arrastrámonos, choutamos, brincamos....
Houbo máis de un que á volta viña durmindo no autobús...
Dende o blogue do noso cole SANTIAGO DE OLIVEIRA fixeron unha
presentación con algunhas das fotos, que acó vos quedan.

|
|
|
|
Magostooo |
|

O venres non puidemos facer o magosto porque choveu.
E onte tamén choveu, e hoxe vimos unha raiola de sol, e alá foi o noso magosto.
O tempo acompañou, pasámolo ben, comemos castañas
( ós que lles gustaban) pintámonos,
corremos, saltamos e xogamos moito !!
E ademais fixemos o noso primeiro programa de radio. E como non podía ser doutro modo:
falamos do magosto, da castaña e do castiñeiro.
E saiunos moi moi ben.
|
|
|
|
Preparando o magosto.. |
|
 Estes días estamos adornando un pouco a clase con CASTAÑAS sorrintes, contentas, alegres...
E ademais fixemos a nosa parte ( xunto cos nenos e nenas de 2º) do mural colectivo sobre o magosto, acó vos queda unha foto da nosa obra de arte...
E por se iso fora pouco,o venres tócanos participar na radio do cole e imos a falar sobre o magosto..
E aprendemos unha pequena poesía tamén sobre o
magosto e o outono:
Outono dourado
folliñas no chan,
castañas asadas...
que boas están !!!!
Se non chove, o venres, toca magosto !!! |
|
|
|
Houbo sorpresa de Samaín. |
|
 Pois si, houbo unha pequena sorpresa de Samaín, a profe trouxo un pouco de maquillaxe, e tentou facer algo fantasmagórico... e saiu o que saiu...
Hoxe tamén trouxo a súa cabaza Enrique e acendémola para ver que sensación nos daba.
E ademáis houbo torta de Samaín, que parecía unha cabaza. A uns gustoulle a outros non.
E tamén comezamos a pintar a nosa parte do mural do magosto.
BO SAMAÍN. |
|
|
|
O noso recuncho está medrando !! |
|
 O noso recunchiño do Samaín está medrando, temos novas incorporacións.
Comezamos coa cabazola que nos agasallou a teacher Nuria e ademais da
que trouxo Erik.
Onte Melisa tamén trouxo unha cabaza moi orixinal.
E hoxe chegaron as tres últimas incorporacións:
a cabaza larpeira que trouxo Hugo, e máis a pantasma que trouxo Oscar
e a orixinal cabazola que trouxo Yoel.
Puxemos estas incorporacións no noso recunchiño e estivemos a traballar
un pouco máis sobre o Samaín.
E ademais acendemos a cabaza grande para ver que efecto tiña.
E mañá toca sorpresa!!!!
Seguiremos informando!!!! |
|
|
|
A nosa cabazola xa ten faciana!! |
|
 Hoxe votamos como queríamos os ollos da nosa cabazola,
si si esa que nos agasallou a profe Nuria.
E tivemos que facer dúas rondas de
votacións porque a cousa estivo
moi competida.
Ó final decidimos que uns ollos ovalados
e alongados e unha boca
con catro dentes ben marcados.
Ademais Erik trouxo unha cabaciña
ben chula xa decorada da súa casa.
E puxemos as dúas no noso recunchiño do Samaín.
E estivemos traballando sobre o conto
de A NOITE DE SAMAIN
de Pepe Carreiro.
E pintamos unha das súas páxinas.
E agora temos que encher o noso
recunchiño do Samaín con máis cousiñas...
A profe dixo que se nos portábamos ben
o venres habería unha sorpresa...
|
|
|
|
SAMAIN |
|
Esta semana imos a traballar un pouco o tema do SAMAIN
Mirando pola rede atopamos que MIK subiu fai un tempo,
un vídeo moi chulo dunha canción de Mamá Cabra sobre o samaín...
acó vos queda:
Estes días imos traballar que é o Samaín , que significa, de onde vén a súa orixe, e tamén coa profe Nuria imos traballar Halloween
|
|
|
|
|
|
|