O día 2 de febreiro en Galicia celébrase o día da CANDELORIA. Ou o día no que "casan os paxariños" O día do Amor na nosa terra.
En Galicia, a data da Candeloria era considerada coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal, no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.
O venres celebramos o magosto no colexio, aínda que coa
intervención dalgunha nube incordiante, ó final puidemos desfrutar da festa.
Acó vos queda un pequeno vídeo que está "colgado" no blogue do colexio,
con algunhas fotos do noso Magosto
Hoxe celébrase o día de Rosalía de Castro porque naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1885.
É unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. (Galipedia)
Rosalía de Castro é unha figura indispensábel na literatura do século XIX. Os estudos sobre literatura feminina de épocas pasadas inclúena entre as grandes escritoras, das que destacaremos Concepción Arenal, Carolina Coronado, Gertrudis Gómez de Avellaneda e Emilia Pardo Bazán. ( Bibilioteca Virtual Miguel de Cervantes)
Hoxe escoitamos un dos seus coñecidos poemas musicado por Amancio Prada:
Istes días ademais de traballar os contidos do currículo, estivemos traballando sobre o Samaín, sobre a súa orixe, e sobre o Halloween coa profe Nuria, e quedounos claro que ningunha das festas é contraria á outra, senon que son distintas evolucións da mesma orixe.
Trouxemos algunhas cabaciñas ben xeitosas, acó vos quedan algunhas fotos para que as poidades ver.
E o mércores pintamos na cara cousas terroríficas e comemos cousas espeluznantes...
E a continuacióntamén vos queda acó unha ó blogue do cole por se queredes ver as fotos da exposición que se fixo coas cabazas que trouxo o alumnado: ligazón
Onte fixemos unha festa do Entroido no colexio.
Xogamos, desfilamos por aulas e as profes tamén e despois a tan agardada chocolatada con rosquillas.
Que rico estaba todo!
O venres imos facer unha pequena festa de Entroido no colexio.
Estes días estamos investigando sobre algunhas das celebracións do entroido máis antigas e populares de Galicia: Pantallas, Cigarróns, Peliqueiros, Máscaras, madamitas...