@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un avó especial.
Hoxe os nenos e nenas de 2º,3º e 4º fomos ó auditorio de Ponteareas, Reveriano Soutullo a ver a obra "Un avó especial"
A actividade foi organizada pola FANPO

O espectáculo gustounos moito moito, e ademais tratou unha temática coma a do ALZHEIMER dende unha perspectiva próxima, e moi entendible para o alumnado, ademais de facelo con moito agarimo.

Acó vos queda un pequeno resumo que o grupo Migallas colgou na súa páxina:

Libro : Un avó especial
COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 09-11-2017 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
O Samaín
Levamos un par de días facendo algunhas cousiñas relacionadas co Samaín na clase, e relacionadas co Halloween na aula de inglés.




Escoitamos músicas: cancións de esqueletes que bailan, ou do samaín, ou de medo pero a que máis nos gusta de todas é a de Paco Nogueiras,
tirada do seu disco BRINCA VAI!. Acó vos queda:


Ademais vimos algunha curta de animación propia destas datas.
Ademais do clásico "Alistán, o demo oveiro" que tanto nos gusta!!!, tamén miramos esta curta chamada ALMA:
Acó vos queda tamén unhas poucas fotos do día de onte, recollidas no blogue do centro, so tedes que picar en: FOTOS DE HALLOWEEN SAMAÍN
Canción do Samaín. Mamá Cabra con pictogramas
Uxía Lambona e a banda Molona. O samaín.
Los esqueletos.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 31-10-2017 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
24 de Outubro.
Conmemórase o día das Bibliotecas Escolares.

Esta semana puxemos en marcha o préstamo da biblioteca e ademais na radio cada aula foi explicando quen é o/a artista que vai traballar no P.D.I que imos facer este ano "Un mundo de Cores"


Como xa puxemos anteriormente o artista que imos traballar é Urbano Lugrís.


Boa lectura!!!!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 27-10-2017 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
O samaín.
Esta semana fixenos algunhas actividades relacionadas co SAMAÍN e Halloween.

Cada aula fixo distintas actividades e coma nexo común houbo un concurso para premiar ás cabazas máis orixinais.

Acó queda o vídeo que se fixo para o blogue do centro:



E de todas as canción que escoitamos esta semana a que máis nos gustou foi a de Paco Nogueiras:

COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 01-11-2016 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Día do LIBRO
O pasado sábado foi o Día do Libro. A nivel de centro fixéronse dúas actividades ben interesantes:

A partir da proposta feita polo equipo da biblioteca do centro, para conmemorar o día do libro, e tendo en conta que este é o ano adicado AS LEGUMES , elaboramos este libro.

Cada unha das clases de ED. Primaria tivo que buscar información, características curiosidades e ademais inventar un poema relacionado coa legume que lles tocou representar.
As aulas de ED. Infantil encargáronse de elaborar a portada e a contraportada.


Acó vos queda o resultado do traballo neste ISSUU, que tedes á vosa disposición "físicamente" na biblioteca do centro.





O equipo de biblioteca do centro pediu ás familias se podían compartir con nós unha fotografía "lendo en familia" para poder facer un pequeno vídeo e compartilo para a conmemoración do día do libro.  

Acó vos queda o vídeo. Agardamos que vos guste.


E por último a nivel de aula. O venres fixemos un pequeno "obradoiro de reparación de libros" no que estivemos "aquelando" un pouco os libros da nosa biblioteca de aula que estaban algo magullados.
Ademais Cristina e Noemi da clase de 3º viñeron a ler unhas adiviñas moi interesantes.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 25-04-2016 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
O entroido.
No blogue do centro fixemos unha "entrada" sobre a celebración do ENTROIDO no noso cole, e tamén sobre a elección do Rei e Raíña do mesmo.

Acó vos quedan os vídeos cunha pequena escolma das fotografías:


COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 15-02-2016 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
O apalpador.
Achégase o Nadal e iste ano estamos aprendendo cousas sobre a figura do Apalpador. pintamos, coloreamos, miramos vídeos, contos, escoitamos historias...

E tamén fixemos algunha das actividades divertidas que ten iste Symbaloo que fixo unha profe chamada Belén Junquera.

De todos os vídeos e cancións que vimos o que máis nos gustou foi ista canción recollida no disco BRINCA VAI de Paco Nogueiras.
Acó vos queda:

Symbaloo do Apalpador.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 15-12-2015 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
24 de febreiro , día de ROSALÍA
Hoxe 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía xa que naceu o 24 de febreiro do ano 1837.

É unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
(Galipedia)


Rosalía de Castro é unha figura indispensábel na literatura do século XIX. Os estudos sobre literatura feminina de épocas pasadas inclúena entre as grandes escritoras, das que destacaremos Concepción Arenal, Carolina Coronado, Gertrudis Gómez de Avellaneda e Emilia Pardo Bazán.
( Bibilioteca Virtual Miguel de Cervantes)




Escolma de Recursos sobre Rosalía
Os poemas do río.
LIM sobre Rosalía
COMENTARIOS (0) - Categoría: Festas - Publicado o 23-02-2015 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0