|
|
|
A mochila viaxeira |
|

Estar en ED. Primaria ten unha serie de cousas novas.
Hoxe, chegou a profe Azucena á nosa clase cunha mochila vermella, e tod@s preguntaron de quen era esa mochila... E porqué a profe a deixaba na nosa clase.

A mochila viaxeira , é como di o seu nome unha mochila que "viaxa". Cada semana estará na casa dun dos alumn@s da clase. Dentro hai tres libros, e unha pequena libreta para facer un debuxo ou escribir o que nos pareceu o conto. Ademais dunha folla explicando para qué son cada un dos tres libros.
A mochila viaxeira da nosa clase xa comezou a súa andaina !!! Hoxe levouna Victoria e cada semana irá para a casa de algúen.
BOA LECTURA!
|
|
|
|
Festival de Fin de Curso. |
|
Onte foi o festival de fin de curso do colexio, as actuacións foron fantásticas e moi divertidas. Os nenos e nenas de 5 anos recibiron un diploma e un agasallo por rematar o ciclo , e igual cos nenos e nenas de 6º curso.
A actuación da nosa clase estivo moi moi ben, a mágoa foi que non se escoitase moito o ben que cantaron.
Acó vos quedan algunhas fotiños previas á actuación.
Foi unha mágoa que Yoel, Cristian e mais Alex non puidesen vir.
A cabeza non paraaaaaaaaaa!!! |
|
|
|
Onte fomos de excursión a Marcelle!! |
|
Foi unha longa viaxe dende Ponteareas, pero mereceu a pena, vimos un montón de animais exóticos, e non tanto, vimos un teatro de monicreques, xogamos, convivimos aprendemos cousas novas e ademais pasámolo moi ben.
Acó vos quedan algunhas fotiños:
|
|
|
|
IMOS IR DE EXCURSIÓN A MARCELLE |
|
 O próximo venres día 10 imos ir de excursión ó Parque da natureza de MARCELLE onde imos ver un montón de animais distintos e ademais faremos actividades variadas.
Acó vos queda un link á páxina web de MARCELLE
Que ben o imos pasar!!! |
|
|
|
A TOLERANCIA |
|
Dende a comisión de Convivencia do cole, propuxéronnos unha actividade colectiva, entre todos imos crear unha flor de 9 pétalos, un por cada aula e a cada aula asignáronlle unha palabra para traballar sobre ela e plasmala no seu "pétalo".
A nós toucounos a "TOLERANCIA" , miramos algúns vídeos relacionados coa tolerancia e tentamos comprender a súa importancia en todas as nosas accións.
Acó vos quedan algúns dos vídeos que miramos.
|
|
|
|
Os titeres. |
|

O pasado mércores, antes do recreo, tivemos unha actuación de títeres para tod@s no ximnasio do cole.
Ademais de música en directo, tamén aprendemos que non podemos esquencernos dos contos porque os seus protagonistas escapan deles cando ninguén os recorda. E logo teñen que buscalos, para devolvelos ó seu conto.
Pasámolo moi ben.
|
|
|
|
Bo día das Letras Galegas |
|
Que como sabedes este ano está adicado ó poeta monfortino, LOIS PEREIRO
"A amizade protexe e o amor cura, o odio contaxia e fire, a indiferencia mata"
(Lois Pereiro)
"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria". |
|
|
|
O libro viaxeiro... |
|
Nestas tres últimas semanas e partindo dunha proposta do equipo da Biblioteca todas as clases do cole participamos na elaboración dun conto/libro viaxeiro.
Empezando pola clase de tres anos, cada aula fixo unha das follas do conto.
Despois dende o equipo das TICs pasouse a formato dixital para que o poidades ver tamén na web.
O conto titúlase: As tres arañas.
|
|
|
|
|
|
|