@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hoxe imos á radio do cole.

Hoxe os nenos e nenas da clase de 1º imos a facer o programa de radio no colexio.

Como estamos traballando o tempo , e as estacións imos facer o parte meteorolóxico para o día de hoxe e para a fin de semana. Consultando diversas fontes , entre elas METEOGALICIA e a páxina web da CRTVG.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 30-03-2012 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Preparando o día da Paz.

O próximo día 30 celébrase o día da Paz e non violencia.
No cole estamos facendo algunhas actividades relacionadas.
Estes días estivemos pintando unhas pombiñas para colocar na árbore de madeira que temos na entrada do centro.
Acó vos queda un link a un LIM sobre a PAZ que fixo a profe Belén Junquera.
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 24-01-2012 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Festa de Nadal.
Hoxe tivemos unha festa de Nadal na que participamos todos e todas.
As clases de 1º e 2º fixemos unha actuación conxunta de recitado de poemiñas.

Acó vos queda unha foto dos xardineir@s que mellor riman de todo Ponteareas antes da súa magnífica actuación

Nota: fixérono mellor que ben, tanto na actuación e recitación de poemas coma coas cancións.

Parabéns !

E agora a desfrutar das vacacións



COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 21-12-2011 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe tivemos unha visita Real.

Hoxe viñeron ó noso cole dous Paxes Reais enviados polas súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, para recoller as cartas que lles escribimos , cos agasallos que lles pedimos este ano.

Ademais trouxéronnos un agasallo moi doce.

Canta emoción!!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 20-12-2011 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
A videoconferencia con Papá Noel
Acó vos quedan unhas poquiñas fotos da videoconferencia que tivemos onte na aula CEMIT de Ponteareas.
Canta emoción !!! E cantos nervios, a máis dun e dunha doíalle un pouco a barrigola.
Fotos dos nenos e nenas de 5 anos, de 1º e de 2º

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 16-12-2011 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
E mañá imos de excursión.

Que emoción que emoción, mañá imos ir á AULA CEMIT DE PONTEAREAS e teremos unha videoconferencia con Papá Nöel.
O alumnado de Infantil e 1º ciclo desfrutará da videoconferencia.

Acó vos queda o link á presentación que fixeron dende ED. Infantil para a actividade de mañá. ( dádelle ó "play")


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 14-12-2011 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Onte conmemorouse o día internacional da Infancia.












E acó vos queda un pequeno vídeo,
moi interesante,
que elaboraron dende a
Comisión de Convivencia do noso cole .







E este vídeo tan marchoso cos dereitos da infancia.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 21-11-2011 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Que ben o pasamos hoxe !!!
En FRAGAREIS , o blogue do noso cole, anunciábannos que hoxe iamos facer unha saída a Ponteareas. Fomos ver á BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE XINZO

E fomos hoxe, primeiro o alumnado de 1º , 2º 3º e 4º e desfrutamos moitísimo da actuación, encantounos, moi divertida, didáctica e aprendemos algunhas cousiñas sobre os instrumentos musicais. Os nenos e nenas de 5º e 6º foron na "segunda ronda".

Estabamos entusiasmad@s !!!

Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos:
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do cole - Publicado o 21-10-2011 16:22
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [12]
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0