Onte comezamos cunha actividade organizada polo equipo de biblioteca:
AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!!!.
Istas mochilas viaxeiras cada semana estarán na casa dalgún alumno/a da clase.
Contén varios libros ( un de poesía, dous contos, unha lectura para adultos..) para ler sos ou en compaña das familias.
E un pequeno caderniño para facer un debuxo e anotacións sobre os contos.
O primeiro ciclo preparamos unha actividade na que tiñamos que falar dunha muller , da muller que consideramos máis importante, unha muller da nosa familia, importante para nós.. Explicar porqué o é e dicir como é ela.. Ademais de adxuntar unha foto ou debuxo...
E con todo ise material fixemos un MURAL ben chusquiño.
Ademais tamén pintamos uns debuxiños de MAFALDA porque sabemos que ela non soporta as inxustizas.. e que quere un mundo mellor.
E por último visionamos un vídeo sobre o conto de Rosa Caramelo que nos fixo pensar moito..
E escoitamos esta canción que as nenas e nenos de 2º xa case sabemos de memoria.
A nivel de centro imos preparar unha actividade simbólica e grupal. Cada unha das aulas ten que preparar unha maceta coa bandeira do país sobre o que fixo a boliña de Nadal da árbore da convivencia do colexio, ademais de escribir a palabra PAZ nese idioma.
Novamente imos á radio do cole, hoxe tamén imos falar de música, dun grupo musical portugués chamado DEOLINDA
O proxecto musical xurdiu en 2006, cando os irmáns Pedro da Silva Martins e Luís José Martins (ex-Bicho de 7 Cabeças) convidaron a súa curmá, Ana Bacalhau, entón vocalista dos Lupanar, para cantar catro cancións que escribiran. Entón, decatáronse de que a voz de Ana se adecuaba á perfección ás rimas e melodías que crearan, e convidaron tamén a José Pedro Leitão, contrabaixista dos Lupanar (actual marido de Ana Bacalhau), para se xuntar a eles tres, nacendo así os Deolinda..
De todas as cancións de Deolinda hai dúas que nos gustan especialmente
Que nos parece unha melodía triste e tranquila, un fado ó seu xeito.
O pasado venres e con motivo da proximidade do Mundial do Medio Ambiente que se conmemora o 5 de xuño, todo o colexio fixo unha camiñata ata a parroquia de CUMIAR
Hoxe a media mañá chamaron á porta da nosa aula, e cando abrimos, vaia sorpresaza!!!!
Robin esta acó, veu pasar uns días a Galicia e veu facernos unha visita ó cole ... Que alegría!!! Démoslle unha aperta grandísima e logo estivémoslle contando o que fixemos e as cousas que aprendemos en inglés, e preguntándolle cousas sobre ela.
Alegrámonos moito de verte Robin, e de que nos viñeses visitar!! .