|
|
|
Obradoiro de cesteiría |
|

O pasado martes 2 de abril, fixemos unha actividade que nos encantou.
Un obradoiro de cesteiría!!!!!!
Tivemos unha interesantísima charla e exposición de materiais, e despois cada un de nós elaborou un pequeno lapiceiro.
Para algúns foi sinxelo, para outros/as foi máis complicado pero tod@s o pasaron moi ben e aprenderon un montón de cousas novas. E sobre todo que hai que ter paciencia !!!!!
Acó vos queda unha foto dos e das artistas coas súas creaccións.
|
|
|
|
Celebrando o día da ÁRBORE. |
|
Debido ó mal tempo o propio día non puidemos celebralo.
Así o pasado venres, fixemos a nosa celebración do día da Árbore cos nenos e nenas do C.E.I.P Feliciano Barrera
Pasámolo moi moi moi ben, aprendemos cousas, prantamos árbores, e fixémolo en equipo. Foi un día moi interesante.
Acó quedan unhas pouquiñas fotos.
|
|
|
|
O entroido. |
|
O pasado venres celebramos o desfile de Entroido no colexio, no que nos acompañaron as familias que puideron. E tamén acompañou a chuvia...
A temática sobre a que xiraba o entroido iste ano era o MAR.
Asique cada ciclo/clase buscou un disfraz relacionado co tema, dun xeito ben distinto.Así puidemos ver piratas, surfeiros, turistas, mariscadoras, capitáns pescanova, mariños etc...
Foi un día divertido e pasámolo moi ben, e ademais enchemos o bandullo coas sobremesas de entroido tan tan ricas que achegaron as familias.
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos da nosa clase antes do desfile:
|
|
|
|
Elección do Rei e da Raíña do Entroido. |
|
O pasado venres seleccionouse mediante sorteo ó Rei e á Raíña do Entroido.
Eles serán os encargados de transmitirnos as "ordes" do Meco, durante ista semana.
O primeiro mandado é: traer gravata o luns...
Acó vos quedan unhas poucas fotos...
Parabéns para Iago, da nosa clase que foi elexido o Rei!
|
|
|
|
Día da PAZ |
|

O xoves conmemoramos o día da Paz no colexio.
Cada aula traballou a nivel invidividual sobre a figura de Nelson Mandela
Ademais entre todas as aulas fixemos una representación simbólica na árbore da convivencia.
No primeiro ciclo miramos a película Kirikú y la Bruja
|
|
|
|
O pasado venres fomos de excursión. |
|
Xunto cos nenos e nenas de Ed. Infantil fomos de excursión .
Pasámolo moi moi ben, e xogamos moito moito.
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos.
|
|
|
|
Día mundial da Infancia: 20 de novembro. |
|
Onte 20 de novembro conmemorouse o día da Infancia.
No cole fixemos unha serie de actividades relacionadas cos dereitos do neno e da nena.
Acó vos queda un link ó blogue do cole cos contidos que traballamos onte.
Ademais acó vos quedan unhas poucas fotos coas nosas creacións...
|
|
|
|
O venres celebramos o magosto no colexio. |
|
Pasámolo moi ben e comemos moitas castañas...
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos.
|
|
|
|
|
|
|