O vindeiro martes día 3 de febreiro imos de excursión á Cidade da Coruña, para
facer un percorrido museístico. Imos ir á tríada dos Museos Científicos Coruñeses: Domus , Acuario ( tamén coñecido coma casa dos peixes) e Casa das Ciencias.
As visitas comezarán ás 11 da mañá na Domus, para continuar no Acuario e rematar
no casa das Ciencias, culminando co visionado do Planetario.
Acó vos deixamos un par de vídeos informativos e algunha páxina web de interese coma a canle en youtube dos Museos Científicos Coruñeses onde tedes uns vídeos moi interesantes.
O pasado venres tivemos unha visita moi especial: as Maimiñas, que nos fixeron rir a cachón, fixéronnos saltar, bailar e sobre todo divertirnos, e ademais contáronnos a súa viaxe polo mundo...
Por se non coñecedes aínda a istas rapazas tan saladas, simpáticas e divertidas, deixámosvos un pequeno vídeo das Maimiñas:
Un pequeno vídeo con algunhas das fotos que quitamos o venres.
Despois de desfrutar da "graduación" dos nenos e nenas de 5 anos e a do alumnado de sexto de primaria.
E ver as actuacións dos nenos e nenas da Actividade de Baile Moderno, agora vacacións.
A pasalo ben e desfrutar,sen esquencerse de ler e traballar un pouquiño.
O pasado mércores, tivemos unha visita moi especial no colexio.
A escritora Susana Lamela, fíxonos unha visita.
Ademais descubrimos que ela tamén estudou no noso colexio.
Pasámolo moi ben, porque fomos en barco, e había ondas, bailamos moito no barco...
Logo na illa camiñamos, vimos cousas moi interesantes e aprendimos un pouco máis sobre a historia da illa.
Os piratas que estiveron con nós todo o día foron moi simpáticos e divertidos.
Despois de xantar , xogamos moito: ó pano, cos aros, divertímonos e pasámolo xenial. Acó vos quedan unhas poucas fotos de onte:
O pasado xoves ademais de celebrar o aniversario de Zoe tamén tivemos unha actividade moi especial.
As nenas e nenos de 1º, 2º e 3º fomos á Axencia Municipal de Lectura de Guillade, para facer un obradoiro de debuxo coa ilustradora María Lires que nos ensinou como debuxar animais, especialmente xirafas...
Ademais estaba alí a bibliotecaria, Sofía, que moitos dos nenos e nenas xa coñecían, para botarnos unha man.
O día 23 de abril foi elexido coma o Día Internacional do Libro, xa que coincide co falecemiento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso da Vega na mesma data no ano 1616
Imos facer unha serie de actividades moi divertidas relacionadas co libro, adaptadas a cada un dos ciclos.
Acó vos quedan dous pequenos vídeos.