|
|
|
O día da paz |
|
O ultimo venres do mes de xaneiro celebramos o día da Paz no colexio.
E a nivel de aula quedámonos cunha frase que dixo un "tal" Gandhi:
Non hai camiños para a PAZ, a PAZ é o camiño
Acó tedes unhas poucas fotos, sobre a actividade que se fixo no cole, primeiro trocamos armas en árbores e despois saimos ó patio a cantar unha canción.
|
|
|
|
Onte fomos de excursión ó MARCO |
|
Onte voltamos da Ponte, e fomos de excursión, ó museo MARCO de arte contemporáneo de Vigo.
Portámonos moi moi moi moi ben e ademais estabamos moi motivados.
Entre as obras de Jorge Barbi houbo algunhas que nos chamaron moito a atención.
El tamén fixo un caligrama coma o que fixemos nós na clase e había un can cun aspecto peculiar.
E unha sala branca que daba sensación de frío.E miramos unhas fotos do transcorrer do tempo e dos cambios na natureza.
Despois de ver a exposición acompañados por un guía de excepción , subimos ó 2º andar para ser nós os creadores de arte. E levamos a nosa producción para a casa.
|
|
|
|
Imos ir ó MARCO |
|
O próximo mércores imos ir ó museo MARCO de Vigo.
Imos as clases de 4 e 5 anos, e os de 1 e 2º.
O MARCO presenta unha mostra dedicada á obra dun único artista,JORGE BARBI .
Este recoñecido artista de A Garda percorreu case diariamente a mesma paisaxe, unha liña de costa que vai dende a Garda a Cabo Silleiro, que coñece dende a súa infancia e coa que mantén unha estreita relación emocional.
A partir desta práctica sinxela e cotiá, Barbi extrae a maior parte do repertorio de imaxes, obxectos e ideas que conforman o seu pensamento artístico.
Traballamos un pouquiño sobre a súa obra e de como utiliza os elementos da natureza para as súas creacións.
Tamén levamos un pouco de traballo para a casa para que as nosas familias nos axuden un pouco.
E o venres antes de marchar estivemos creando no patio do colexio.
Organizámonos, distribuimos a tarefa e improvisamos un fermoso e grande SOL, xa que o de verdade non acompañaba. Acó vos queda a nosa creación
![]() |
|
|
|
Mmmm |
|
 Hai por aí unha personaxe do cole chamada Oli-Rei que anda argallando algo...
Sabedes de que se trata?
 |
|
|
|
Cogomelos |
|

O venres os nenos e nenas de 5º pasaron pola nosa clase para pedirnos unha cousa:
Se o luns podíamos traer
ó cole cogomelos...
E preguntámonos para que quererían os de 5º os cogomelos.. e hoxe atopamos a resposta:
fixeron unha exposición de COGOMELOS
ben chula na entrada do cole.
Con todos os cogomelos que trouxeron todos os nen@s do cole.
|
|
|
|
|
|
|