Hoxe estivemos falando da importancia dos simulacros de evacuación no caso de que se produzan situacións como incendios ou inundacións no noso centro...
Falamos do protocolo que deberíamos seguir no caso de que se produza unha alarma.. Por onde temos que sair do centro e cara onde temos que ir.
Ademais xa sabíamos que hai que chamar o 112 en caso de emerxencia.
E ademais miramos iste vídeo que é moi ilustrativo divertido e ten un RAP!!
O pasado venres tivemos unha xornada de convivencia co CEIP FELICIANO BARRERA ( Guláns).
As clases de 5º e 6º tiveron unha xornada de DEPORTE ESCOLAR , xogando ó baloncesto e ó "hockey".
O resto dos nenos e nenas dividímonos por ciclo e fixemos algúns xogos tradicionais , e tamén lles ensinamos o noso colexio ós nenos e nenas que conviviron con nós.
Despois de tanto xogar, chegou o momento do chocolate e as rosquillas , das que demos boa conta.
Pasámolo xenial.
Acó vos queda un pequeno vídeo con algunhas das fotos que se tomaron o venres.
Co gallo da semana do libro, xa que o dia 23 de abril é a conmemoración, dende a biblioteca propúxose a visita de Anxo Moure.
E para quen non o coñeza, preguntarédesvos quen é ANXO MOURE? Pois ademais de ser un "contador de contos que se fan realidade" e un educador ambiental, é o autor de varios libros de literatura infantil coma A xacia luviñas , O carballo con botas, ou O paraugas "dameaugas"
Quizais o máis coñecido e recoñecido de Anxo Moure, ademais do seu espírito ecoloxista sexa a iniciativa de Contos Solidarios.
( "linkade" e visitade a páxina, ben merece a pena)
Acó vos queda tamén iste texto de Anxo de Xevale Ecoloxía, que aparece no libro "Naturalmente Galicia"na páxina 52.
..Cando a auga bate contra as pedras nos cachóns ou fervenzas non escoito só o son do río, sinto o berro de quen pide axuda mancada a súa libertade con encoros, verquidos e lixo.
...Cando o vento move as copas das árbores fálame da dor das carballeiras, fragas, soutos, das aciñeiras, teixos, acivros, que tremen o monstro dos incendios, das talas, pragas e desfeitas.
...Cando o mar bate entre as rochas sinto o medo das negras mareas, dos bidóns caídos nun cemiterio escuro do paraiso roubado. Tamén sinto o laio de curuxas, lobos, teixugos e dos máis pequenos bichiños e bolboretas, das fontes estragadas, das montañas fendidas.
...mais, o pouco tempo, mentras sigo sentindo a fala da terra, collo os meus apeiros (os soños, a imaxinación, a esperanza...) e simplemente loito, ó carón doutros moitos galegos eu tamén loito, aínda que só sexa abrazando as árbores.
Deixámosvos tamén dous vídeos de Anxo Moure: o primeiro unha entrevista que lle fixeron o ano pasado, co gallo do día do Medio Ambiente,e o segundo un pequeno anaco dunha das súas actuacións, desfrutádeos!!!.
A semana pasada estivemos recibindo as ordes do MECO todos os días, para que ó final o venres o noso disfraz quedase deste xeito...
Foi unha semana distinta, e divertida na que nos rimos e traballamos algunhas cousiñas relacionadas co entroido en Galicia: o máis antigo, o que máis dura etc etc etc...
Hoxe día 30 de Xaneiro conmemoramos o día da PAZ e a non violencia. En recordo a que o día 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado o activista indio Mahatma Gandhi
Colocamos as nosas mandalas no simbólico muro da Paz que se fixo na entrada do colexio , como culmen do traballo que fixemos durante toda a semana sobre a PAZ .
Ademais fixemos iste pequeno vídeo no que participamos tod@s