Anteriormente estivemos aprendendo cousas novas sobre o noso corpo, primeiro falamos do esquelete, e dalgúns dos ósos máis importantes que o compoñen, tamén falamos dalgúns músculos.. das extremidades e sobre todo ampliando o noso vocabulario en galego relacionado con iste tema.
Agora, ímonos centrar en tres "aparatos" do noso corpo:
- Respiratorio.
- Circulatorio.
- Dixestivo.
O xoves estivemos falando do que xa coñecíamos, e vimos estes dous vídeos relacionados coa respiración e cómo o noso corpo utiliza o osíxeno e o importante que é respirar correctamente:
HOXE IMOS IR Á RADIO DO COLE , A FALAR DA CANCIÓN ? A LINGUA SABE A PAN? .
A LINQUA SABE A PAN CREOUSE NO C.P.I VIRXE DA SALETA DE CEA. E PRECISAMENTE EN CEA HAI UN PAN MOI FAMOSO CON DENOMINACION DE ORIXE PROTEXIDA.
A ?LINGUA SABE A PAN ? É UNHA VERSIÓN DA CANCIÓN: MIÑA TERRA GALEGA, DO GRUPO GALEGO SINIESTRO TOTAL. QUE Á SÚA VEZ É UNHA VERSIÓN DA CANCIÓN ?SWEET HOME ALABAMA?, DUN GRUPO ESTADOUNIDENSE.
Acó vos queda a canción que tanto nos gusta, un lipdab ben xeitoso...
Estes días na área de coñecemento estamos aprendendo partes do corpo, falando un pouco dos músculos, do esquelete, da estructura do noso corpo, das articulacions, movemento,...enerxía.. e tamén temos que aprender algún que outro nome..
Acó vos queda unha pequena imaxe do esquelete, en castelán
E coma o ano pasado cando falamos do esquelete, vimos un vídeo que nos gustou moito, iste ano queremos voltar a bailar co esquelete...
Queríamos mirar iste vídeo no noso proxector na semana do Samaín, pero por circunstancias alleas a nós ... non puidemos, asique mirámolo hoxe na pantalla do computador.
É unha historia un pouco tétrica pero que contén uns valores moi importantes...
Agardamos que vos guste.
O luns Jano contounos que os seus avós teñen un burro fariñeiro
Ó principio non entendemos moi ben o de fariñeiro, porque se chamaba así? porque comía fariña?, pero despois de pensar e pensar e máis pensar... descubrimos porqué os burros fariñeiros se chaman así, e falamos de que non hai tantos anos, a xente ía ó muíño moer o millo para facer pan.. e normalmente levaban ós seus burriños, pequenos e que ían por calquera sitio, e bos para cargar o peso... E por iso por iso.. coñecemos ós burros fariñeiros..
O venres en clase, cando estabamos traballando matemáticas, alguén preguntou quen inventara os NÚMEROS e alguén lle respostou inmediatamente que os ÁRABES
Pero a resposta non convenceu moito, os árabes vale, pero antes dos árabes como facían para contar e escribir as cantidades ??? E antes dos árabes?
E a pregunta quedou no aire... e decidimos investigalo un pouco máis..
Asique imos investigar sobre o tema, polo de agora comezaremos con iste artigo: sobre a historia dos números que é bastante completo.
E acó queda un pequeno documental sobre iste tema:
O vídeo fíxosenos un pouco "contundente" porque era para maiores, pero aínda tiramos algunha conclusion.
Xa estamos en 2º, despois dun verán cheo de actividade toca voltar ás aulas...
Levamos un par de días "aterrando" e atopándonos cos compañeir@s, coas profes, co cole...
Miramos algúns dos vídeos que máis nos gustaron o curso pasado. E hoxe miramos iste, e despois estivemos falando sobre o que nos transmite, e en que situacións poderíamos sentirnos identificad@s con algún dos protagonistas...