|
|
|
O nadal noutros países.. |
|
Ista semana estivo chea de actividade e nervios: ensaiar a actuación, preparar as fichas, a visita dos carteiros reais...
E ademais ista semana viñeron á nosa clase 3 mamás que nos explicaron como se celebra o Nadal noutros países próximos :
Francia, Inglaterra e Portugal.
Moitas grazas ás tres. Aprendemos cousas novas e ademais pasámolo
moi ben.
Acó vos quedan unhas poucas fotos:
|
|
|
|
Os alimentos. |
|

A semana pasada comezamos a traballar sobre os alimentos... e sabemos un montón de cousas, alimentos que nos gustan máis ou menos, alimentos de orixe vexetal ou de orixe animal...
Tamén miramos algún vídeo sobre a dixestión para saber que pasa cos alimentos unha vez que están dentro do noso corpo.
E ademais sabemos que é recomendable ter unha dieta equilibrada e hoxe miramos iste vídeo sobre a pirámide dos alimentos
E isto é o que nos recomendan Andaluna e Samir:
|
|
|
|
Máis Samaín. |
|
Hoxe rematamos coas celebracións do Samaín.
Miramos algúns vídeos.
Bailamos e pasámolo moi ben.
Acó vos quedan unhas poucas fotos:
|
|
|
|
Preparando o Samaín!!! |
|
Achégase a celebración de Samaín. E na clase estámonos preparando .. decorando..xogando... mirando contos!!!
E tamén miramos iste conto tan chulo!
|
|
|
|
Traballamos coas regletas. |
|
 Hoxe, entre outras cousas estivemos traballando coas regletas Cuisenaire, e fixemos unha ficha na que tiñamos que pintalas asociando cada número a unha cor.
As regletas son un método moi intersante para traballar cos números do sistema decimal.
E tamén para sumar e restar, tendo un compoñente lúdico moi interesante.
|
|
|
|
O noso corpo. |
|
Xa sabemos un montón de cousas sobre o noso corpo, e iste ano imos aprender algunhas máis, especialmente o vocabulario.
(Palabras coma nocello, xeonllo, pulso, cóbado...)
Sabemos que o corpo se pode dividir en:
CABEZA
TRONCO
EXTREMIDADES
E tamén sabemos que temos 5 sentidos...
E despois de traballar os contidos relacionados co corpo,
xogamos un pouco co noso
corpo tamén.. bailando con Elmo.

E se queredes xogar vós con Elmo na casa, premede acó: bailar con Elmo |
|
|
|
15 de outubro: día internacional da muller rural. |
|
O avance da figura da muller no rural, debe continuar promovendo a visibilización do seu traballo poñendo fin, deste xeito, a séculos de desigualdade.
O 15 DE OUTUBRO, día internacional da muller rural quíxose homenaxear ás mulleres do rural neste día, sendo conscientes da gran achega que realizan ao desenvolvemento e modernización do rural, incorporando ademais prácticas acordes co ambiente e creando novas oportunidades de desenvolvemento tanto económico como social.
En 1995, durante a IV Conferencia Mundial das Mulleres organizada en Beijing polas Nacións Unidas, un grupo de organizacións internacionais como a FIPA (Federación Internacional de Produtores Agrícolas) e a FCMM (Fundación Cumio Mundial da Muller) decidiron instaurar este día, 15 de outubro, como o Día Internacional da Muller Rural.
 |
|
|
|
Época de Vendima. |
|

Coa chegada do OUTONO aparecen os froitos da época..
E entre eles, está a UVA. Estamos de Vendimas!
Acó vos queda o vídeo da Denominación de Orixe, Campo de Borja, sobre a uviña Garnachica.
|
|
|
|
|
|
|