|
|
|
En setembro: a vendima. |
|
 Iste ano tamén estamos traballando o tema da vendima!!, e ademais estamos facendo un pequeno libro con debuxos e algo de información para poder levar á casa.
No que falamos un pouco das uvas , dos utensilios, do proceso, da elaboración e a súa conservación...
Como nos gustou tanto o ano pasado, e aínda que xa coñecemos o proceso perfectamente vimos outra vez a historia de Garnachica.
|
|
|
|
Investigando sobre Exipto. |
|
 Lemos o libro Andeis Baleiros de Susana Lamela .
E gustounos moito moito, pero ademais de Ani, aparecía un libro chamado Ramsés que estaba escrito nunha linguaxe moi estrana, que resultou ser xeroglífica.
E alá que nos puxemos a investigar sobre EXIPTO , falamos das pirámides, dos faraóns, da súa linguaxe da súa cultura.
E tamén un pouco de Exipto na actualidade.
Acó vos quedan algúns dos vídeos que miramos para informarnos:
Interesounos bastante o tema dos xeroglíficos, falamos da pedra ROSETA, e fixemos as nosas propias traduccións. Foi bastante complicado!!!
|
|
|
|
Hoxe tivemos unha visita moooi especial. |
|

Hoxe ademais de celebrar o aniversario de Noelia tivemos unha visita moi especial!!!: viñeron a última hora Verónica e Andrés.
A mamá e o irmán de Nicolás.
Estivemos falando de que é un bebé moi pequerrechiño, porque aínda non ten un mes. E portouse moi ben, porque aínda que estivemos mirándoo e facendo algo de ruído, case non chorou.
Estiveron con nós un anaco e puidemos ver o fermoso e pequeniño que é Andrés.
Parabéns para a familia de Nico.
|
|
|
|
Hoxe é o día das letras galegas. |
|
Cada 17 de maio dende o ano 1963 celébrase o día das Letras Galegas.
Iste ano adicado ó poeta Xosé María Díaz Castro , que naceu en Guitiriz ( provincia de Lugo). Foi poeta e traductor, e publicou un único libro de poemas: NIMBOS.
Ista semana estivemos aprendendo cousas sobre o autor, e miramos algún que outro vídeo para informarnos:
Tamén lemos a súa biografía e algún dos seus poemas. Acó vos queda Penélope, quizais o seu poema máis coñecido.
De todos os vídeos que miramos ista semana o que máis nos gustou foi iste, elaborado polo alumnado e profesorado do Instituto de Guitiriz, que leva o nome do autor homenaxeado: IES Xosé María Díaz Castro, acó vos queda:
|
|
|
|
21 de marzo: día da Poesía. |
|
O día 21 de marzo, entre outras cousas conmemórase o día da Poesía.
Como iste ano a temática é o mar, cada clase de primaria , en traballo cooperativo elaborou un poema relacionado co mar.
Iste é o poema que creamos na clase de primeiro ( pasouno a ordenador Nicolás)
O MAR.
O mar o temos que coidar.
Se non o coidamos, que vai pasar?
Todos iremos á deriva no mar.
E non poderemos nadar.
Non hai que botar
ó lixo no mar
porque os animais
temos que coidar.
Acó vos quedan algúns dos vídeos que miramos sobre o cambio climático.
|
|
|
|
As plantas . |
|
Ainda que xa sabíamos moitas cousas sobre as plantas. E especialmente das súas partes, estivemos indagando un pouquiño máis...
Falamos das árbores de folla caduca, e perenne, e aprendemos un termo novo : a fotosíntesis .
Quedounos claro que as prantas precisan luz do sol e alimento para que se produza, e ademais é moi importante para nós xa que as plantas xeran osíxeno que é fundamental para a nosa vida.
Por iso é tan importante que coidemos a natureza e tentemos reciclar ó máximo posible.
E falando da importancia de coidar as plantas, e da reciclaxe, miramos un lipdub elaborado no CEIP Coirón-Dena titulado "Como producir menos lixo" que nos gustou moitísimo. Inspirado nun conto dos bolechas.
Acó vos queda, agardamos que o desfrutedes tanto coma nós:
|
|
|
|
Seguimos cos animais. |
|
Ista semana seguimos aprendendo cousas sobre os animais e ademais miramos unha película na que o protagonista era un oso moi larpeiro...
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos dos contos que trouxeron da casa relacionados cos animais.
|
|
|
|
Animais |
|

Istes días estamos aprendendo cousas sobre os animais.
Aínda que xa sabíamos un montón...
Falamos das mascotas, dos animais en xeral, dos que están en perigo de extinción e tamén vimos un documental moi interesante sobre distintas especies curiosas no mundo.
Ademais escoitamos algunhas cancións relacionadas cos animais coma: Mariluz avestruz e tamén Chocolata
Ademais tamén miramos o conto de: A que sabe a lúa.
E tamén pintamos moitos animais para facer un mural.
E o luns... haberá sorpresiñas... |
|
|
|
|
|
|