Hoxe estivemos repasando un pouco o que sabíamos sobre as horas, minutos, segundos e o reloxo.
A verdade é que é moi complicado entender iso de e cuarto, e media, menos cuarto.. en punto.. analóxico e dixital
Despois miramos uns vídeos moi interesantes sobre o tema.
E concluímos:
-Un día ten 24 horas ( Yago C.)
-Un minuto ten 60 segundos ( Claudia)
- O reloxo ten: en punto, e cuarto, e media e menos cuarto ( Nerea) e cada unha das partes é de 15 minutos, xuntas suman unha hora ( Ari)
-Unha hora ten 60 minutos. ( Nico)
-Un día non ten 60 horas, ten 24 ( Zaira)
- O reloxo é moi importante para saber/aprender as horas ( Paula)
-Hai reloxos antigos ( de sol, de agullas) e tamén dixitais ( Noelia)
-Os meses do ano son 12, febreiro é un mes especial ( Zoe)
E moitas outras cousas sobre o tempo, minutos, segundos horas, meses do ano, o tempo, as horas...
Deixámosvos os links ós dous vídeos que miramos porque son moi interesantes:
Comezamos!!! Aínda que en segundo non é obrigatorio sabelas de memoria, estamos motivadísim@s con elas , e onte comezamos a traballas, a do 1 está "chupada" porque tod@s sabemos que todo número multiplicado por 1 é ise mesmo número..
Istes días estamos aprendendo algunha cousiña sobre o aparato circulatorio, miramos algún vídeo sobre o tema e tamén estivemos aprendendo e xogando con iste programiña
Seguimos a traballar sobre o noso corpo, e aínda que xa sabemos moitas cousas, desta volta estamos aprendendo algunha cousiña máis sobre o Sistema Dixestivo
As súas partes... o proceso da dixestión órganos que interveñen....
Ista semana estamos facendo un montón de cousiñas relacionadas co Samaín, e decorando un pouco a nosa aula, tamén participando na exposición de cabazas do colexio, cunhas aportacións feitas na casa moi orixinais.
E o xoves será o día de celebración máxima, quen queira pode vir disfrazado/a e ademais visionaremos algúns destes Vídeos que tedes a disposición no blogue do cole. cos nenos e nenas da clase de primeiro.
Agora que xa sabemos un montón de cousas sobre o noso esqueleto. Algúns dos nomes dos ósos, a súa función, como son, para que serven... e moitas cousas máis.
Imos aprender un pouquiño máis sobre outra parte do "aparello locomotor" os músculos.
Acó vos quedan algúns dos vídeos que miramos sobre o tema: